A crise industrial acende o Parlamento Galego: do “aprenda de economía” de Caballero ao “Galiza cáelle grande” de Feijóo

O presidente acusa ao grupo Común da Esquerda e o BNG de ser “socios do PSOE” que non defenden Galicia e Antón Sánchez e Ana Pontón bótanlle en cara unha política industrial en función dos intereses do PP

Endesa, Alcoa, Barreras, R, Isowat, Ferroatlántica, Reganosa, Ence… Todas esas e outras varias industrias máis, con problemas de moi diverso tipo e responsabilidade pairando sobre o seu futuro, foron empregadas este mércores no Parlamento de Galiza por todos os grupos como arma para intentar debilitar o adversario nun debate que por veces subiu de ton. Ao tempo que PSdeG, o grupo Común da Esquerda e BNG botaron en cara a Feijóo que a Xunta carece de política industrial e actúa en función dos intereses do PP, este acusou aos demais de non defender os intereses de Galicia como di facer el.

Loading...

Nun debate que polo seu propio formato, con intervencións de tres minutos, impide afondar nas múltiples causas das crises de industrias moi variadas, o presidente Feijóo experimentou como o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, empregou contra el unha das súas estratexias oratorias máis habituais. O titular da Xunta adoita menosprezar os coñecementos dos seus contendentes neste tipo de debates acusándoos de non saber dos temas ou de estar mal asesorados, pero desta volta foi Caballero, doutor e profesor de Económicas, o que subiu o ton: “Colla un manual e aprenda algo de economía”, díxolle. A resposta de Feijóo, visiblemente molesto, non quedou atrás: “Galiza quédalle grande”, dixo primeiro, para pedir despois ao socialista que “non lle tome o pelo ao país”.

 

 

https://praza.gal/politica/a-crise-industrial-acende-o-parlamento-do-aprenda-de-economia-de-caballero-ao-galicia-caelle-grande-de-feijoo

 

 

praza.gal

Loading...
Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: