A demografía non engana: Galiza, un país que esmorece

galiza

A natalidade leva moitos anos en caída libre. Ningunha das medidas despregadas desde as administracións lograron frear o esborralle dos nacementos, que en 2017 bateu todos os records á baixa: viñeron ao mundo pouco máis de dezaoito mil novos galegos, mentres se achegaban a trinta mil as defuncións.

Galiza leva máis dun cuarto de século perdendo poboación, á vez que se acelera dramáticamente o seu envellecemento por mor da crecente lonxevidade dos nosos maiores e da sangría que supón o éxodo de miles de mozos (e non tan novos) en busca das oportunidades que a súa terra non lles ofrece.

Hai outros dous datos igualmente reveladores da moi preocupante dinámica demográfica deste pequeno país do noroeste español. Soamente en trece municipios, todos eles na periferia das cidades, rexistráronse máis natalicios que enterros. Nos outros trescentos o saldo vexetativo arroxou números vermellos (ou máis ben negros) e en nove deles non naceu nin unha alma ao longo do ano pasado. As estimacións dos expertos apuntan a que para reequilibrar ese saldo terían que chegar a Galiza o dobre de inmigrantes dos que recibimos últimamente.

Doutra banda, os nacementos tenden a concentrarse na franxa atlántica. Outra tendencia imparable. Oito de cada dez partos producíronse nas provincias de Pontevedra e A Coruña, concentrándose especialmente nas comarcas costeiras. Do cal se deduce que as políticas encamiñadas ao reeliquilibrio territorial tamén están a cultivar un rotundo fracaso, ao non lograr conter o racho poboacional que separa á Galiza interior da que se asoma ao océano. O que demos en chamar medio rural non logra fixar –e moito menos atraer– poboación por máis que mellorasen as dotacións de infraestruturas e servizos e a pesar dos incentivos que ofrecen Xunta, deputacións e concellos.

Esta é a nai de todos os problemas de Galiza. Un problema estrutural, que se di agora. Así o recoñecen os dirixentes políticos que, con todo, non parecen capaces de atopar o remedio para un mal que nos prexudica a todos colectivamente, pero que parece non ser percibido como tal, e como algo propio, por cada un de nós.

Loading...

Talvez débase a que os galegos non temos desenvolvida a nosa conciencia de país. Ou poida que esteamos convencidos de que cuantos menos sexamos mellor viviremos. E iso vale para unha familia pero non para un comunidade, para unha etnia, para un país. A menos poboación máis renda per capita se seguimos producindo o mesmo.

Agora ben, sen substitución xeracional non hai futuro. Adeus ao feito diferencial por falta de persoal. Talvez Galiza, repoboada por foráneos, poida seguir existindo, nominalmente, durante algún tempo. Pero, de non cambiar a tendencia demográfica radicalmente, os galegos somos unha especie en perigo de extinción. Exercendo o noso “dereito para decidir” se nos reproducimos ou non, estámonos ” autoterminando”.

Loading…

Fernando González Macías

Cristian Mosquera Goce

https://www.mundiario.com/articulo/eurorregion/demografia-engana-galicia-es-pais-extincion/20180801201948128832.html

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.