A educación social galega pide prevención contra o acoso escolar no canto de “cultura do castigo e cámaras”

“O que debe fomentarse son accións socioeducativas de prevención, que teñen efecto a longo prazo, e que fan mudar os valores que desexamos reforzar na nosa sociedade, como o respecto, a convivencia, a igualdade, a paz, etc. Debemos aspirar a erradicar estas condutas das aulas”, insiste o Colexio. 

“O que parece que se quere é causar medo aos menores, para que non se atrevan a facer algo, pero educar con medo non é a solución”

“Se son menores problemáticos, será por algo; non por vixialos vas saber o motivo do seu comportamento”, engade Vilaboy, que insiste en que debería haber un traballo conxunto que implicase “axentes sociais da comunidade do menor”, así como profesionais preparados, ademais de docentes, psicólogos, compañeiros… “O que parece que se quere é causar medo aos menores, para que non se atrevan a facer algo, pero iso non é educativo; educar con medo non é a solución, sobre todo cando é moi probable que ao saír da aula se reitere neses comportamentos”, explica quen aclara que é aí onde entran os educadores sociais, un sector que considera aminorado no sistema escolar, tamén en Galicia. 

Loading...

Debemos aspirar a previr e erradicar condutas de abuso e conflito nas aulas, non só a perseguilas”, continúa Vilaboy. “O uso de redes sociais, as novas tecnoloxías, a falta de información en igualdade ou de habilidades sociais comunicativas, problemáticas socieconómicas familiares… Todo inflúe e é clave a prevención; é aí onde a figura dos educadores sociais é importante para dar apoio”, asegura, tras lamentar que a Xunta non conte con este sector de forma fixa no ensino, máis aló de talleres –poucos– e esporádicos. 

 

 

https://praza.gal/movementos-sociais/a-educacion-social-galega-pide-prevencion-contra-o-acoso-escolar-no-canto-de-cultura-do-castigo-e-camaras

 

 

praza.gal

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: