Loading.    

A emigración acrecenta a perda de poboación activa en Galiza entre os 25 e 45 anos de idade

Os datos da EPA do III Trimestre facilitados polo INE, poñen de manifesto, máis unha vez, unha nova caída da poboación activa en Galiza.

Neste trimestre o descenso foi de 1.400 persoas, mais se se compara co mesmo trimestre do ano 2017, estímase que a perda de activos e activas foi de 4.800 persoas.

A perda de poboación activa foi moi desigual segundo a idade. De feito é na poboación nas idades centrais, entre os 25 e os 45 anos, onde o descenso foi maior, en torno a  4.000 activos/as menos, aumentando lixeiramente entre a os/as menores de  25 anos.

Esta perda de poboación activa é a que contribúe ao descenso da taxa de paro, que neste último trimestre se situou no 12,2% en Galicia, 1,8 puntos menos que no trimestre anterior.

Estes datos evidencia, para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que “a xente nova colle o camiño da emigración porque é a única alternativa laboral que atopa”. Unha situación da que responsabiliza tanto ao goberno galego pola súa “inacción” como ao goberno español, por limitarse a facer políticas de propaganda.

Gobernos aos que acusa de “ter nula vontade para reverter as duras políticas neoliberais que nos teñen conducido a unha situación de empobrecemento xeneralizado”.

Desaceleración na creación de emprego

No que atinxe á poboación ocupada esta situouse en 1.096.500 persoas, 20.700 máis que no trimestre anterior. Porén, no ano 2017 a poboación ocupada incrementárase en 24.000 persoas neste trimestre. É, polo tanto, unha evolución normal e esperada, pero que neste ano denota unha certa desaceleración na creación de emprego.

Loading...

O emprego que se creou foi basicamente no sector servizos como persoas asalariadas no sector privado, porque en industria e construción se destruíu emprego. Medraron tanto os contratos indefinidos como temporais, estes últimos foron, a maioría, contratos cunha duración inferior ós 3 meses.

No que atinxe aos fogares, a pesar de descender neste último período, aínda se estiman 53.000 fogares con activos no que tódolos membros están parados.

Derrogación das reformas

O freo na recuperación do emprego; a proliferación de postos de traballo con baixos salarios e de escasa duración; o incremento dos contratos a tempo parcial; as cadeas interminábeis de subcontratación; a perda de poboación activa  a causa da emigración e  o avellentamento da poboación ou a caída do poder adquisitivo en máis dun 15% son consecuencia, para o secretario xeral da CIG, non só das nefastas políticas económicas que padecemos en todos estes anos, senón tamén das reformas laborais e da negociación colectiva.

Como exemplo das graves consecuencias da non derrogación desas reformas Carril pon o grave caso de Alcoa e exixe da Xunta de Galiza políticas económicas e laborais que realmente favorezan a creación de emprego e permitan combater o aumento da pobreza laboral, da precariedade e da explotación.

http://www.cig.gal/nova/a-emigracion-acrecenta-a-perda-de-poboacion-activa-en-galiza-entre-os-25-e-45-anos-de-idade.html

Loading...
Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba