A Fiscalía pedirá o ingreso na cadea do dono da pirotecnia de Tui

galiza

Óscar Vázquez

O dono da pirotecnia de Tui e dunha rede de polvoreiras clandestinas foi detido pola Garda Civil este luns por tenencia ilícita de explosivos. Francisco González Lameiro permanecía ata agora en liberdade con cargos. A xuíza de Tui rexeitou o venres envialo a prisión, ao non apreciar risco de fuga nin de destrución de probas da investigación en marcha. A Fiscalía pedira á xuíza que o mandase ao cárcere, pero a maxistrada decidiu soltalo.

Fontes do Ministerio Público adiantaron que volvtará pedir prisión porque temen a súa fuga e porque reiterou no almacenamento ilegal de explosivos. «É un perigo», subliñaron esas fontes da fiscalía. Tanto o sábado como onte, o dono da pirotecnia acudiu voluntariamente á chamada dos axentes para os rexistros, mais en ningún momento avisou de que gardaba en cada sitio nin de que puidesen existir máis lugares de almacenamento ilegal. Trala súa detención foi trasladado á comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

Tres almacéns ilegais

O axentes desactivaron este domingo outro almacén ilegal, o terceiro que se descobre dende a cuarta feira (mércores). Dentro atoparon máis de mil quilos de materia prima -nitrato de potasio e xofre, entre outros- para fabricar explosivos, cristal, carbón, unha decena de quilos de pólvora e material pirotécnico, como foguetes de cores e morteiros para mesturar o material.

O almacén desmantelado este domingo está na parroquia de Baldráns, nunha leira moi próxima á pirotecnia La Gallega, que os axentes da Garda Civil custodiaban desde primeira hora da mañá.

Despois de que un veciño avisase á La Voz De Galicia de que unha leira vinculada ao investigado podía conter explosivos, este xornal alertou á Garda Civil e ós axentes tomaron a zona. Era unha leira pequena, con dous galpóns conectados entre si polo interior e que antigamente se utilizaba como almacén de angulas que se pescaban no río Miño, segundo veciños da zona. Nunha primeira ollada os axentes xa tiveron claro que alí podía haber substancias explosivas. Así que acordoaron a zona.

Pra rexistrar as naves, foron na procura do investigado, Francisco González Lameiro. A Garda Civil descubrira o sábado pola tarde outro galpón con media tonelada de pólvora,.. O dono da pirotecnia acudira tranquilo a ese rexistro e, nun primeiro momento, negara que gardase nada de interese. Cando os axentes comezaron a sacar o material do interior, bidóns e bidóns cheos de materia prima para fabricar explosivos, o imputado sufriu un desmaio.

Loading...

Aos delitos que xa pesan sobre os seus ombreiros na investigación xudicial -dous homicidios por imprudencia grave, risco catastrófico por explosivos, danos e lesións, e estragos- pódese engadir agora outro máis de depósito ilícito de material explosivo, porque o almacén carecía de calquera permiso para albergar este tipo de compoñentes. Os tédax traballaron en garantir a seguridade na zona. Preto da leira hai un lavadoiro de uso público, unha vivenda e un supermercado. O terreo está pegado a unha estrada comarcal moi transitada.

O traballo dos axentes serviu para que non ocorrese nada. Sacaron bidóns de plástico e de metal, bolsas, cartóns, etcétera. Unha furgoneta acudiu a recollelo todo para deixar as naves limpas de perigo .A Garda Civil mantén en Tui o forte despregamento de axentes e equipos especializados que comezou o mércores, inmediatamente despois da explosión que ás 16.20 parou todos os reloxos.

O Llugar da Torre, en Paramos, quedou arrasado ao rebentar un almacén clandestino, o que provocou un cogomelo de fume similar á icónica imaxe das bombas atómicas. Os axentes aínda están a custodiar a zona cero da explosión, onde rebentou o primeiro almacén ilegal no que Francisco González Lameiro gardaba máis dunha tonelada de pólvora e materiais para fabricar explosivos. Esa área está acordoada, polo risco que existe para a poboación ante a inestabilidade das construcións. Onte tamén permaneceron todo o día na pirotecnia La Gallega, que ten orde de precinto e derriba parcial que o goberno local de Tui aínda non executou. Sospéitase que os almacéns ilegais servían para fornecer á pirotecnia.

Loading…

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.