
A atleta de Ribeira Ana Peleteiro enviou, a través da súa conta en Twitter, unha mensaxe a Apple para que dea acceso ao galego aos usuarios dos seus produtos. «Paréceme moi triste ter que poñer o teclado en portugués para conseguir escribir en galego no meu iPhone… GALEGO EN APPLE XA!».
Rexeita descargar unha app para poder facelo: «Debería estar incluída dentro das lingua oficiais do sistema», di para logo animar a sentirse orgullosos do galego e darlle uso.
Asemade indica: “O catalán si que está dentro dos idiomas de Apple e supoño que eso será porque eles usan a sua lingua moito máis do que nós”
Creo que os galegos deberíamos de estar mais orgullosos da nosa lingua e darlle moito mais uso. O catalán si que está dentro dos idiomas de Apple e supoño que eso será porque eles usan a sua lingua moito do que nós. #temosquecambiar #orgullosadomeu #gallegoSEMPRE
— Ana Peleteiro (@apeleteirob) 12 de mayo de 2018
Sé el primero en comentar !