A galega Ana Peleteiro, medallista mundial pide a Apple que facilite o uso do galego

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro enviou, a través da súa conta en Twitter, unha mensaxe a Apple para que dea acceso ao galego aos usuarios dos seus produtos. «Paréceme moi triste ter que poñer o teclado en portugués para conseguir escribir en galego no meu iPhone… GALEGO EN APPLE XA!».

Rexeita descargar unha app para poder facelo: «Debería estar incluída dentro das lingua oficiais do sistema», di para logo animar a sentirse orgullosos do galego e darlle uso.

Asemade indica: “O catalán si que está dentro dos idiomas de Apple e supoño que eso será porque eles usan a sua lingua moito máis do que nós”

Etiquetas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: