A mineira de Touro reincide e recibe unha nova multa por vertidos de augas residuais a un aflúente do Ulla

A asociación Aldea Viva desvela unha nova multa de Augas de Galicia á empresa da mina de Touro (Explotaciones Gallegas S.L) por unha cantidade de 20.000 euros, apenas unha semana despois de que coñecésemos a sanción de 30.000 euros á mineira polo vertido de augas residuais, que supuxeron segundo a administración “a alteración da calidade das augas por concentración de contaminantes superiores ós límites autorizables”.

No pasado mes de febreiro a asociación medioambientalista anunciaba a comunicación a Augas de Galicia e á Consellería de Medio Ambiente do desbordamento da balsa mineira situada en Bama (Touro) con resultado de contaminación do río Brandelos (aflúente do Ulla), ó mesmo tempo que censuraba o descontrol e irresponsabilidade da empresa propietaria dos terreos, e que ahora pretende poñer en marcha o proxecto de megaminería.

Un mes despois do suceso o conselleiro de Industria, Francisco Conde, informaba da tramitación dun expediente sancionador en resposta a unha pregunta do grupo parlamentar En Marea, xustificando en parte o acontecido polas condicións climatolóxicas, e recoñecendo o desleixo da administración durante todos estes anos.

Agora Augas de Galicia depura as responsabilidades e deixa sen xustificación tanto ó conselleiro Francisco Conde como á mineira de Touro, e asegura que “os episodios de choiva como os acontecidos no pasado mes de Febreiro non son infrecuentes na zona, e constátase que a empresa non tomou ningunha medida preventiva para evitar o vertido polo que se lle incoa este procedemento”.

O organismo público tamén rexeita a argumentación da empresa que intenta eludir as reponsabilidades negando que o vertido ilegal altere a calidade da auga. Neste senso Augas de Galicia afirma que as diferentes analíticas demostran o contrario “logo do desbordamento constátase un incremento notable na concentración de sulfatos no río Brandelos entre augas arriba e augas abaixo do vertido e tamén un incremento moi considerable dos parámetros de Cobre e Manganeso”.

Loading...

Aldea Viva considera que a resolución destes dous expedientes sancionadores con resultado de culpabilidade a Explotaciones Gallegas S.L deberían ser motivo abondo para que a administración galega rexeite o proxecto mineiro xa que queda constatada a incompetencia e ausencia de responsabilidade da empresa dende que chegou ó municipio, a comezos dos anos 90.

Loading…

Loading...
Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba