Alumnado do ensino público segue a pagar por libros de texto catro anos despois de que a Xunta retomase os préstamos

Lacaci advirte tamén do “traballo inxente” que a moito profesorado lle supón o sistema. “Tes que ter un ou varios profesores cubrindo documentos cada pouco para xestionar o fondo; tamén as familias perden moito tempo en papeleos”, insiste quen cre que “todo se solucionaría de vez de volver á gratuidade universal”. Ademais, e malia que cada vez son menos, hai aínda algunha anpa que segue apañando material para o seu propio fondo e convive co sistema oficial. “O proceso administrativo é unha complicación engadida”, recoñece tamén Carballo. 

“É o momento de que a Xunta retome a gratuidade absoluta dos libros de texto, un modelo que ratifican informes como a da Defensora do Pobo”, explica Lacaci, que considera que tamén é hora de “tomar decisións importantes” ao rematar a final deste curso os seis anos de validez que a Xunta estableceu para os libros de texto tras a aplicación da Lomce e os continuos amagos coa retirada da lei. 

A “presión” da industria editorial

Unha desas decisións, “aínda que fose de xeito progresivo”, debería ser, segundo Anpas Galegas, ir suprimindo moito do material impreso nun mundo tan dixitalizado e co alumnado máis que afeito aos novos soportes. Co debate sobre as diferenzas dos textos entre comunidades lanzado por empresas editorias, desde as anpas advirten da “presión” desta industria para se manter nun sistema que semella obsoleto. 

Loading...

“Estase a consolidar un modelo no que os libros son un negocio privativo e cuestionable”

“Os únicos libros de consulta impresos que existen son os de texto, a ningún de nós, nin aos rapaces, se lles ocorre ir a unha enciclopedia a consultar algo cando todo é online”, advirte Lacaci, que cre que “non se pode reducir a ensinanza ao ensino do libro e ao memorístico”. 

“Estase a consolidar un modelo no que os libros son un negocio privativo e cuestionable”, di Carballo, que lembra que hai materiais de Primaria “máis caros que obras técnicas para arquitectos”. “É obvio que todo ten que ver con negocio de libreiros e editoriais, pero á marxe diso, a Consellería permite que se pague por un dereito de uso que caduca e por obras con copyright, iso non debería ser”, explica quen aposta por un sistema “aberto, en varios formatos, onde se permita corrixir, completar ou reproducir”, un modelo “acorde ao século XXI”. “Non ten sentido que paguemos dereitos de autor dunha táboa de multiplicar”, finaliza. 

 

 

https://praza.gal/acontece/alumnado-do-ensino-publico-segue-a-pagar-por-libros-de-texto-catro-anos-despois-de-que-a-xunta-retomase-os-prestamos

 

 

praza.gal

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: