As ordes da TVG sobre a sentenza da Gürtel: “40 segundos de vídeo como máximo”

galiza

A sentenza da Audiencia Nacional sobre a primeira etapa de Gürtel que dinamitou a lexislatura e ameaza o mandato de Mariano Rajoy como presidente do Goberno ocupou este xoves 76 segundos no Telexornal do mediodía da TVG. A información non mereceu unha conexión en directo desde a Audiencia Nacional e obviou os detalles da condena ao Partido Popular, beneficiario a título lucrativo de 245.000 euros, e tamén o pasado dun dos condenados con máis pena, Pablo Crespo, como secretario de Organización do PP galego.

A cobertura da sentenza durou finalmente 76 segundos entre a presentación e o vídeo, obviou os detalles da condena ao PP e ocultou que Pablo Crespo foi número 3 do partido en Galiza

As instrucións na redacción de TVG foron claras desde primeira hora. A redactora xefa e presentadora, Marta Darriba, escribiu no guión do informativo, ao que tivo acceso eldiario.es, que o vídeo da sentenza de Gürtel debía durar como máximo 50 segundos, 10 para a introdución desde o estudo e 35 ou 40 “máximo” para o vídeo da información.

A cobertura da sentenza finalmente durou 76 segundos, entre a presentación e o vídeo, e incluíuse na segunda metade do informativo, pasada a media hora, tras outras dúas informacións, unha longa cobertura sobre o grave accidente do almacén pirotécnico que causou a morte a dúas persoas en Tui, e os acordos do Consello da Xunta presidido por Feijóo ese día.

Non houbo directo do correspondente en Madrid e no apartado de reaccións políticas, o Telexornal incluíu catro declaracións do PP, unha de Ciudadanos e outra de Podemos

No informativo do mediodía, que durou unha hora e un minuto, TVG emitiu seis declaracións políticas de reaccións á sentenza de Gürtel: catro eran de dirixentes do Partido Popular e dous da oposición. O Telexornal emitiu dúas veces (en titulares e no desenvolvemento) a opinión do presidente do Goberno central Mariano Rajoy -anterior a que se coñecese a sentenza- sobre o dano que a corrupción causara ao seu partido e o afastados que quedan todos eses feitos, a do coordinador xeral do PP, Fernando Martínez Maíllo, outra de Alberto Núñez Feijóo, xunto ás dos líderes de Ciudadanos, Albert Rivera, e Podemos, Pablo Iglesias. Ninguén do PSOE se pronunciou sobre Gürtel a esa hora. No Telexornal edición tarde a información da sentenza tivo unha duración sensiblemente maior e alongouse ata os dous minutos.

Denuncias constantes por manipulación
As denuncias sobre manipulación na radio e a televisión autonómicas son unha constante ao longo da historia da Televisión de Galicia con todos os Gobernos autonómicos

As denuncias sobre manipulación na radio e a televisión autonómicas son unha constante ao longo da historia da Televisión de Galiza con todos os Gobernos autonómicos. Desde que Feijóo chegou á presidencia da Xunta en 2009 colocou como presidente da compañía ao xornalista Alfonso Sánchez Izquierdo, ex-director de La Región, un profesional ben relacionado co Partido Popular. A pesar de que Feijóo incluíu no seu programa electoral a rexeneración dos medios públicos e nomear un presidente de consenso, Sánchez Izquierdo continúa á fronte da televisión e a radio pública co único apoio do Partido Popular.

O comité intercentros da Corporación solicitou a dimisión de Sánchez Izquierdo en varias ocasións, a última vez pola cobertura dos incendios do pasado outubro en Galiza que segundo os traballadores dos medios públicos galegos cometeu “o tradicional ocultamento dos lumes por parte da dirección de informativos”.

O presidente do comité intercentros, Raimundo Méndez, chegado de Bruxelas, onde interveu esta semana nunhas xornadas celebradas no Parlamento Europeo sobre as agresións á liberdade de prensa, relatou xunto a outros compañeiros as manipulacións históricas da televisión galega, como o caso do Prestige, e outras que chegan ata hoxe. Por teléfono, Méndez asegura que “hai un control informativo que se acentuou nos últimos meses. Aos redactores críticos apártanos. A información está absolutamente fiscalizada. Non é difícil facelo, colocan a xente de confianza e a outros precarios para que a información se adecúe aos intereses do Partido Popular”.

Loading...

As presións déixanse notar sobre a redacción e parte dela sumouse este venres ás protestas de TVE contra a manipulación dos medios públicos

Engade que desde o máximo órgano de representación dos traballadores defenden “que se trata dun servizo público que pagan todos os galegos” polo que debería “estar ao servizo do interese xeral”. Lembra tamén que “a lei de 2011 que se aprobou no Parlamento galego prevía a creación dun consello de informativos pero nunca se desenvolveu, así que non hai contrapesos desde a redacción ás instrucións políticas” e que “aínda que a lei prevé que o director xeral sexa nomeado por dous terzos do Parlamento, unha disposición adicional permitiu ao Partido Popular perpetuar a Sánchez Izquierdo”.

Profesionais con moitos trienios na casa aseguran que “a manipulación está a alcanzar niveis insoportables na información política”. “Chegamos ao momento de ser noticia noutros medios porque o día que comparece o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, nós inventamos unha fórmula para abrir cun corte de son de Felipe González de hai décadas e desculpalo”. As presións déixanse notar sobre a redacción e parte dela sumouse este venres ás protestas de TVE contra a manipulación dos medios públicos. Xornalistas e caras coñecidas da cadea pousaron vestidos de negro contaxiados pola mobilización de Televisión Española.

A dirección da TVG rexeita ofrecer ningunha explicación sobre as queixas dos traballadores e a cobertura de Gürtel

Dende a dirección de TVG, o recentemente nomeado responsable de Proxección social da corporación, Xaime Arias, sostén que tanto a información como a orde das noticias pode verse no servizo á carta da páxina web e rexeita ofrecer ningunha explicación sobre as queixas dos traballadores e a cobertura de Gürtel.

TVG e Radio Galega contan cun orzamento de 107 millóns de euros, dos cales 97 os inxecta o Goberno galego a través de axudas públicas, e cun cadro de persoal de 850 traballadores.

praza.gal

Loading…

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.