Ataque a un local rexentado por un integrante da plataforma Mina Touro-O Pino Non

Mina Touro-O Pino

O día de onte espertamos ca nova dun ataque a un comercio de Touro rexentado por un integrante da plataforma Mina Touro O Pino Non.

Dende a chegada de Cobre San Rafael ó municipio a convivencia entre a veciñanza foise deteriorando pouco a pouco, como así o demostra este último feito. Todo comezou ca creación de numerosos perfís falsos creados nas redes sociais por parte de persoas asociadas á promotora da mina, os cales inundan os post da plataforma veciñal con provocacións e comentarios tendenciosos que buscan a confrontación e rozan o absurdo.

Os bots promineiros intentan xerar polémica a través do argumentario populista (manipulación nas escolas, financiación dos grupos contrarios etc) e mesmo chegan a publicar datos persoais de persoas que amosan públicamente o seu rexeitamento ó proxecto. Máis tarde chegaron as declaracións incendiarias do director do proxecto Touro, Alberto Lavandeira, o cal tildou de iluminarios e politizados a centos de veciños que temen pola supervivencia do municipio e pola súa vida propia.

A estratexia da empresa non foi contrarestada polos gobernos municipais de Touro e O Pino en prol da convivencia pacífica. O alcalde Codesido incendiou aínda máis a situación rachando un papel coas demandas da veciñanza, o que sumado ás súas declaracións sobre a politización dos veciños, provocou un malestar xeneralizado moito maior.

Cobre San Rafael denuncia unha suposta sabotaxe que segundo declaran ocorreu fai un par de meses, o que semella máis unha estratexia de desmobilización que un relato verídico. Todas estas situacións foron máis alá cando hoxe unha familia de Touro atopou pintada a fachada do seu negocio, unha crónica anunciada de ruptura social provocada polos intereses comerciais dunha empresa privada e incentivada polo mal facer dos xestores públicos.

Loading...

Loading…

Asociación Aldea Viva

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.