Aumenta o interese polos viños Rías Baixas nos Estados Unidos

Case o 60% das adegas adscritas ás Rías Baixas, un total de 109 das 182 do total, participan actualmente nos plans de exportación desta denominación de orixe. Delas, preto de medio centenar fano a Estados Unidos, o seu principal mercado internacional.

Durante 2018, vendéronse ao país estadounidense un total de 2.373.862 litros de viño Rías Baixas e esas cifras, segundo os estudos de mercado, podería aumentar nos próximos anos ao detectarse un aumento no interese polos caldos galegos.

Así se reflectiu na xornada sobre exportación celebrada este mércores no Pazo de Mugartegui e á que asistiron representantes das adegas da denominación.

Durante a mesma, as dúas directoras de contas de Gregory+Vine, Natasja Mallory e Trish Heywood, presentaron os resultados do seu estudo sobre as tendencias do mercado estadounidense no que a consumo de viños se refire, así como un balance da última campaña de promoción en Estados Unidos e un adianto da seguinte.

Destacaron que, aínda que o consumo de viño en xeral relentizouse e atópase nun 1,4%, no caso dos viños Premium -segmento no que se atopan os Rías Baixas- esta porcentaxe increméntase entre o 4 e o 8%.

Estas cifras ofrecen unhas perspectivas moi halagüeñas para os viños desta denominación de orixe, máxime no contexto actual, no que os consumidores americanos demandan viños brancos importados -que non sexan tipo Chardonnay-, principalmente frescos e espumosos.

A axencia Gregory+Vine explicou que a campaña promocional 2018-2019 rexistrou moi bos resultados, alcanzando case 400 artigos publicados sobre os viños de Rías Baixas tanto en xornais como en revistas. Esta cantidade supón un incremento dun 30% con respecto á campaña anterior.

Estas publicacións víronse reforzadas a través da propia web www.riasbaixaswines.com, así como polas mensaxes e as interaccións en redes sociais a través dos perfís de Facebook, Twitter e Instagram. Esta última rede social centrará gran parte dos esforzos en márketing dixital para a seguinte campaña.

Esta seguirá a mesma liña que a anterior, aínda que se incorporarán certas novidades. A máis destacada delas comprenderá a posta en marcha de distinto tipo de eventos, en concepto pop-up, que levarán ás cidades de Miami, Los Ángeles e Chicago.

Así, desenvolveranse iniciativas promocionais en tendas especializadas e puntos de venda para dar a coñecer entre os consumidores a calidade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas; e aumentarase a presenza en feiras e xornadas profesionais.

https://pontevedraviva.com/xeral/56211/aumenta-interes-vinos-rias-baixas-estados-unidos/

Etiquetas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: