Bescansa será a cabeza de lista pola Coruña do partido de Errejón

En outubro de 2018 anunciou que abandonaba a política tras perder as primarias para liderar Podemos en Galicia fronte a Gómez-Reino, afín a Pablo Iglesias

A ex-deputada de Podemos e cofundadora da formación Carolina Bescansa, de orixe compostelá, será a cabeza de lista do novo partido de Íñigo Errejón, Más País, pola Coruña, unha das dúas circunscricións, xunto con Pontevedra, nas que prevé presentarse en Galicia. Así o confirmou a propia Bescansa en Twitter na noite deste venres, menos de tres días antes de que este luns día 7 se peche o prazo para formalizar as candidaturas para as eleccións xerais do 10 de novembro.

“Dou este paso coa vontade de evitar, na medida das miñas posibilidades, que a abstención remate coas posibilidades de escribir un novo futuro para o noso país. Grazas Más País. É unha honra liderar a candidatura de A Coruña”, di a súa mensaxe. Bescansa tamén asegurou, nunha entrevista na Cadena Ser, que a candidatura ofreceulla o propio Errejón e que non estaba “en absoluto previsto” pero que se presenta porque “non se pode volver repetir o que pasou despois do 28 de abril”.

 

 

https://praza.gal/politica/bescansa-sera-a-cabeza-de-lista-pola-coruna-do-partido-de-errejon

 

 

praza.gal

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: