Causa Galiza fai un chamamento para convocar unha manifestación unitaria o 25 de xullo en prol da independencia

galiza

A Organización independentista Causa Galiza convocou para o vindeiro 25 de xullo unha manifestación co lema “Pola independência nacional. O futuro é nosso“. Neste sentido vén de se dirixir a máis dunha vintena de organizacións políticas, sindicais e xuvenís para convidalos a manter unha xuntanza na que valorar a convocatoria dunha manifestación unitaria no Día da Patria Galega, unha mobilización que decorrería, indican, en chave “de ruptura democrática e independencia”.

O comité executivo de CG entende que Galiza padece unha situación de “emerxencia nacional e social” que non pode enfrontarse desde un cadro autonómico. De feito, Causa Galiza incide no fracaso do modelo autonómico para dar solución aos problemas do pobo galego, un fracaso ao que suma a “insustentabilidade das teses confederalistas e federalistas da esquerda espanhola”. Por todo iso, afirman, a única opción para a soberanía nacional de Galiza é a independencia.

Loading...

A organización aclara que a proposta deste 25 de xullo unitario non afectaría a actos e iniciativas partidarias dese día. “O objetivo desta iniciativa (…) é normalizar e por à vista da sociedade galega neste Dia da Pátria a existência dum horizonte estratégico ruturista e independentista que é supra-partidário e é o único capaz de dar alternativa solvente à cronificaçom da Emergência Nacional e Social que suporta a Galiza”.

Ao encontro foron convocados Agora Galiza, ANG, Anova, BNG, Cerna, CNM, Compromiso por Galicia, FPG, Galiza em Rede, MGS, PCPG, UPG, CIG, CUT, Fruga, SLG, Anega, Bátega, Briga, Erguer, Espiral, Galiza Nova, Isca!, UMG e Xeira

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.