Cargando...

Condenan á TVG por vulnerar o dereito a folga

No 58º venres negro do persoal da Corporación de Radio Televisión de Galiza contra a manipulación informativa da actual dirección, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza fallou contra a Compañía, por vulnerar o dereito a folga do Comité Intercentros, durante o paro de 24 horas do pasado 18 de decembro.

Na sentenza o alto Tribunal condena ao pago de 6.251 euros por danos e prexuízos ao órgano de representación do persoal convocante da folga. Ao mesmo tempo que se declarou nula a substitución dunha traballadora folguista, presentadora do Tempo, así como a de manter este espazo informativo.

 

Fundamentos da sentenza

Tal e como recolle o auto, o día da folga produciuse o naufraxio do pesqueiro “Sen querer dous” a catro millas e media do cabo Fisterra. A noticia chegou á redacción ás dúas do mediodía, con todo a directora de informativos chamou antes das 13.00 horas á coordinadora do programa para informarlle que o espazo se emitiría despois do informativo. A pesar de que ningún dos traballadores estaba en servizos mínimos, e que os dous profesionais que tiñan que cubrir a quenda estaban a exercer o seu dereito a folga, a coordinadora, cumprindo as ordes da dirección de informativos, fíxose cargo da presentación da previsión meteorolóxica e emitiuse en formato temporal. Os medios reducidos para informar da existencia de aviso amarelo, o pronó stico da tarde, modelo de predicción e mapa de choiva. Ao mesmo tempo que se notificou de forma breve o naufraxio. A súa duración foi de 3 minutos e 20 segundos, cando habitualmente emítese cunha duració  de entre 8 e 10 minutos.

Na sentenza aínda que consideran que o labor da coordinadora, ese día en quenda de tarde, “non supón unha subordinación xerárquica do resto dos compañeiros do departamento do Tempo e que
a mesma debe realizar, ademais das funcións de coordinación, as tarefas divulgativas en materia de meteoroloxía, nas quendas que lle correspondan ben como titular, ou ben como apoio”. Non por iso correspondíalle presentar o programa, relata a sentenza, “pois dita función correspondíalle ao persoal que debía entrar en quenda de mañá, que se prolonga ata as 16 horas”, e que neses momentos exercía o seu dereito a folga.

Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: