Detida en Lugo unha muller tras agredir ao seu marido cego. O home presenta feridas no pescozo e brazos. Teme ser acoitelado

galiza

Na capital lucense destapouse onte un presunto caso de violencia no ámbito familiar sobre un home invidente por parte da súa esposa. A muller foi detida de madrugada en Lugo por agredir presuntamente ao seu marido, que presentaba feridas no pescozo e nun brazo, segundo a versión oficial

.A Policía Local recibiu un aviso dende a Comisaría da Policía Nacional, que nese momento non dispoñía de axentes libres, e enviou unha patrulla á rúa Ramiro Rueda da capital lucense. En principio tratábase dunha tarefa de apoio a unha ambulancia do 061.

Cando chegaron, os axentes municipais atopáronse ao home, invidente, no portal da casa e explicoulles que a súa muller marchouse moi nerviosa, pero non puido precisar cara a onde. Buscárona pola contorna, pero non a localizaron.

 

Oos axentes indicáronlle ao home que volvese chamalos cando regresase a súa esposa. Cando a muller chamou á porta voltaron os axentes, da sección nocturna da unidade de Policía de Barrio do citado corpo. Explicoulles que a muller estaba moi nerviosa. Ante a situación que se atoparon, os membros da patrulla da Policía Local procederon, sobre as dúas e cuarto da madrugada, á detención da esposa.

Os policías locais trasladaron ao home e á muller á comisaría da Policía Nacional. Unha vez nas dependencias policiais, a ela foille imputado un delito de violencia no ámbito familiar. Á vista do estado de nerviosismo en que se atopaba, axentes da Policía Local trasladárona ao hospital HULA, onde posteriormente foron relevados por policías nacionais.

O home supostamente agredido explicou que ten medo da súa muller. Sostivo, segundo informaron fontes do citado corpo policial, que en multitude de ocasións a súa esposa ponse moi agresiva e ás veces non queda en palabras e xestos contra el. O home díxolles aos axentes policiais que en ocasións ela chegou mesmo a agredilo fisicamente.

Loading...

A vítima asegurou aos policías que ten medo de que os ataques de agresividade da muller aumenten en intensidade e que volva atacalo con máis violencia.Temor a ser acoitelado.

Segundo indica a información oficial, o invidente expresou aos policías o seu temor de que a súa esposa poida causarlle danos cun coitelo. De feito, os axentes municipais observaron que o home presentaba feridas no pescozo e nun brazo.

Loading…