En Marea perdería a metade de votos

confluencias de podemos

O barómetro que acaba de facer público o CIS, realizado trala moción de censura que levou a Pedro Sánchez ao poder, reflicte unha importante caída nos resultados de En Marea, a quen outorga unha estimación de voto do 0, 7 %. Unha cifra que supón practicamente caer á metade do que se lle atribuía no barómetro de abril -cando se situaba no 1,3 %- e do 1, 44 % obtido nas eleccións de xuño do 2016, que lle deron unha representación de cinco deputados. Unha tendencia similar á que rexistraron os seus socios no Congreso.

A formación que lidera Pablo Iglesias e o resto de confluencias ( Compromis, En Común- Podem e En Marea) obterían, se agora se convocasen eleccións, o 15,6 % dos votos, fronte ao 21,1 % de apoios obtidos na cita electoral do xuño do 2016 e que se traduciu nun total de 71 deputados.

Loading...
Loading…

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

1 Comment

  1. Eu o que me pregunto é para que queren os votos si con eles alí Galiza non existe para nada no Parlamento Español: Nin na moción de censura, que era unha boa oportunidade para que se soubera que existen, nin no apoio a uns presupostos nos que todos estiveron presentes menos os problemas da nosa nación. Iso demostra que darlles o voto a eles ou tiralo á papeleira que é a mesma cousa.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.