Feijóo: “A moción é irresponsábel porque o Goberno español non é un bar en subasta”

galiza

Este xoves debatiuse no Congreso dos Deputados a cuarta moción de censura presentada dende a Transición e, desta volta, semella que podería converterse na primeira en saír adiante. Esta situación fixo saltar as alarmas dentro do PP, e as súas cabezas máis visíbeis apresúranse en saír en defensa de Mariano Rajoy. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que o actual líder do Goberno central non dimitirá porque é o único político “tranquilo” e “centrado” nas súas competencias.

Feijóo emprega como argumento para rexeitar a consulta que a situación económica “empeorou” dende o anuncio da moción e a poboación é agora “máis pobre” que a pasada semana”. Asemade, acusa a Sánchez de “pór en subasta” o Goberno.

Catalunya
A diferenza do seu discurso no tocante á situación de Catalunya, o presidente galego pide agora “respecto” polas urnas para, deste xeito, manter a Rajoy no poder. Pola súa banda, Esquerra e o PDeCAT “perdoan” ao PSOE o seu apoio á aplicación do artigo 155, xa que consideran “prioritario” botar a Rajoy da Moncloa. Debido ao “si” dos nacionalistas cataláns, todo indica que o PNV seguirá o mesmo camiño e permitirá a Sánchez tomar o control.

Loading...

Loading…

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.