Feijóo defende unha alianza do PP e VOX para Galiza

galiza

Fonte: Miguel Núñez

O efecto VOX tamén peta ás portas da política galega. A pesar de que este partido supostamente é residual en Galiza, sen estrutura máis alá da Coruña e Vigo, o certo é que o acontecido en Andalucía, onde entrou no Parlamento con doce escanos e case 400.000 votos, fixo saltar as alarmas en todos os partidos.

Galiza tampouco foi unha excepción.

Nun país no que, agás varios anos de gobernos tripartitos e bipartitos, o PP monopolizou o poder, a chegada de VOX semella non ter causado moita alarma ao presidente da Xunta que mesmo non descarta un pacto con eles en Andalucía.

Unha opinión moi diferente a que manteñen os grupos da oposición, que alertan xa do perigo de que un partido abertamente de extremadereita chegue ás institucións.

Alberto Núñez Feijóo reiterou este luns en Madrid que o PP gañou as eleccións andaluzas, a pesar de perder nove escanos, e apostou por buscar unha alternativa ao goberno do PSOE, que sufriu “unha desfeita histórica”.

“Os andaluces merecen un goberno, votárono nas urnas, dixéronlle á esquerda que non queren que siga gobernando e hai unha opción clarísima para que haxa un goberno distinto ao que houbo desde que lembramos”, destacou.

Unha opción que pasa por un apoio da extremadereita do partido VOX, algo que semella non importarlle a Feijóo que, en vez de criticar a esta formación, acusou directamente ao Goberno de Pedro Sánchez e aos nacionalistas de estar detrás da súa aparición.

“A aparición deste partido é froito dun Goberno de España sometido ao que digan os independentistas de Cataluña, sometido a Bildu… É un produto, na miña opinión, basicamente da esquerda”, sinalou. Este mesmo domingo, o seu número dous, Alfonso Rueda, quitaba importancia a esta formación e dicía que era “residual” en Galiza.

Loading...

ESTÁ O PP CÓMODO COA ULTRADEREITA?

Desde os partidos da oposición a visión é completamente oposta e apuntan ao PP por permitir que un partido con tintes fascistas poida manexar a política andaluza. Por iso, pregúntalle a Feijóo se el mesmo estaría cómodo gobernando con este partido.

“Que lle parece gobernar coa extrema dereita colleita pola man?”, espetoulle este luns a vicevoceira do BNG no Parlamento, Olalla Rodil que acusou aos populares de querer gobernar cunha formación “homófoba, racista, machista, que se quere cargar o movemento feminista dunha tacada”. “Quere ir da man da extrema dereita, que nega os dereitos dos galegos?”, suliñou Rodil.

Tamén no PSdeG ven con preocupación a chegada desta forza. “Non é bo para os andaluces e para España a entrada nas institucións dunha forza de ultradereita e isto ten que levarnos a unha reflexión profunda do que pode ocurrer cando non entendemos as claves da sociedade na que vivimos”, dixo o líder deste partido, Gonzalo Caballero.

En declaracións aos medios en Madrid, Caballero recoñeceu que o resultado non é positivo para Andalucía, nin para o seu partido, pola entrada desta nova forza. Unha situación que explicou polo desgaste do PSOE en Andalucía, pola abstención e por unha campaña electoral que Susana Díaz, dixo, centrou, sobre todo, “moi en clave andaluza e afastada dos logros do presidente do goberno”.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/80826-efecto-vox-chega-galicia

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.