Cargando...

Feijóo insiste en reactivar a térmica das Pontes e Transición Ecolóxica advírteo de que pide cousas inviables

Mentres Feijóo e o PP acusan o Goberno central do peche da térmica, a ministra lembra que, “tal e como reflectía o Plan de Enerxía e Clima”, o Executivo “non contaba” coa decisión, o que o obriga “a afrontar un horizonte incerto, non esperado”. E lembra que en xuño de 2018, ao chegar o PSOE á Moncloa, “non había nada preparado para as nove centrais cuxo peche estaba previsto en 2020”, polo que esas foron a súa “prioridade”, que se ampliará á das Pontes e Litoral. “É máis doado cando se anticipa con suficiente antelación que cando se agarda ao último minuto”, censura.

 

Teresa Ribera aborda tamén as propostas de Feijóo de eliminar o céntimo verde, facilitar vantaxes fiscais ou reclamar á UE medidas de compensación de custos indirectos. “Un diferencial de prezos de 16 euros por megavatio/hora (MW/h) entre o producido nas Pontes e o procedente dunha central de ciclo combinado non se corrixe coa eliminación do céntimo verde (que representa 6,7 euros MW/h) ou coa aplicación de pagos por capacidade, dos que tampouco se permitiría beneficiarse á central”, di.

Ribera lembra a Feijóo que suprimir o ‘céntimo verde’ non corrixe o diferencial de prezos e que as medidas fiscais que propón van en contra da UE

E advirte, ademais, de que é “difícil pensar en medidas de apoio directo que sexan compatibles co marco europeo”. A ministra lembra que a UE está “vixiante co sistema de axudas de Estado”, máis cando é “protagonista na transmormación dun modelo enerxético no que quere mostrar o custo que ten emitir gases de efecto invernadoiro” e está “comprometida coa modernización da súa economía e a industria”. “Non é aceptable invocar imposibles sen ofrecer alternativas nin compromiso ou, mesmo, esixindo cousas incompatibles entre si en función de quen sexa quen escoite”, engade.

 

 

https://praza.gal/economia/feijoo-insiste-en-reactivar-a-termica-das-pontes-e-transicion-ecoloxica-advirteo-de-que-pide-cousas-inviables

 

 

praza.gal

Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: