Folga en Galiza: Renfe cancela 24 trens

galiza

A folga convocada o vindeiro mércores en todo o Estado nos servizos de Renfe polo sindicato Confederación Xeral do Traballo causou a cancelación de 24 trens -seis de longa distancia e 18 de media distancia- que transcorren por Galiza, entre eles, a conexión nocturna en tren-hotel con Madrid.

Diso informa o sindicato convocante a través dun comunicado no que cualifican de “abusivos” os servizos mínimos decretados e avanzan que estudan a posibilidade de presentar unha demanda contra Renfe por vulneración do dereito de folga.

Loading...

Así, un total de 24 trens foi cancelados en Galiza pola folga, que se desenvolverá en dúas quendas -de 12,00 a 16,00 horas e de 20,00 a 24,00 horas- o mércores 31 de xullo, coincidindo coa saída e chegada das vacacións de verán. Entre as liñas que foron canceladas figura a conexión en tren-hotel entre a Comunidade galega e Madrid, ademais da liña que une Vigo e a cidade portuguesa do Porto

Así mesmo, Renfe decretou a suspensión dunha decena de liñas do Eixo Atlántico (entre A Coruña e Vigo) ao longo do 31 de xullo. Tampouco estarán en funcionamento as conexións entre Ferrol e A Coruña e Lugo e Ourense previstas para o mediodía do mércores.

Ademais, a folga tamén afectará a dous servizo do xoves 1 de agosto, en concreto, ao tren Monforte-Pontevedra programado para as 06,15 horas e o A Coruña-Ferrol das 08,57 horas.

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Suscríbete al blog por correo electrónico

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este blog y recibir notificaciones de nuevas entradas.

Únete a otros 13.082 suscriptores

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.