Galiza arde: máis de 120 hectáreas queimadas en Mondariz, veciños desaloxados

galiza

Ás seis da tarde desatouse o incendio forestal activo na localidade pontevedresa de Mondariz, na parroquia de Sabaxáns, para o que a Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a “Situación 2”.

Esta medida operativa de emerxencia, que obriga ao desaloxo das vivendas, declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala.

En primeiro lugar, procedeuse á evacuación das persoas maiores polo risco de inhalación de fume.

O incendio comezou ás 18:17 horas en tres lugares á vez e segundo as novas estimacións, afecta a máis de 120 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 1 tractor e 10 helicópteros.

Están tamén actuando os efectivos da AUME, a Unidade Militar de Emerxencias, e de Protección Civil, segundo precisou Medio Rural.

Polo momento o lume arrasou xa máis de 120 hectáreas e arde en tres focos preto de vivendas no lugar de Ou Barro, Barral e Boente. Na zona traballan tres axentes forestais, un técnico, dezaoito brigadas, nove motobombas, tres pas, un tractor e oito helicópteros que tiveron que volver a base pasadas as 20.00 horas. Colaboran cos axentes forestais a Policía Autonómica, A Garda Civil e Protección Civil.

O conselleiro de Medio Rural José González Vázquez tamén se desprazou a este punto para supervisar os labores de contención do lume. Os veciños de Sabaxáns e Gargamala tamén se implicaron nos traballos de contención e testemuñas presenciais destacan a colaboración doutras persoas chegadas desde os municipios lindeiros.

Os efectivos de emerxencias iniciaron as primeiras evacuacións ao redor das 20.00 horas, cando sacaron do lugar ás persoas de idade avanzada de Sabaxáns e Gargamala ante o risco dunha intoxicación por inhalación de fumes.

As autoridades reuniron aos afectados na igrexa parroquial de Sabaxáns. Varios accesos por estrada foron cortados ao tráfico para facilitar o traballo dos efectivos de emerxencias.

A densa fumareda provocada pola queima do bosque de eucaliptos provocou alerta en toda a comunidade. A columna de fume pronto se fixo visible desde diferentes puntos do sur da provincia de Pontevedra e pasadas as oito da tarde o fume escureceu completamente o ceo da ría de Vigo. Veciños de Valença, en Portugal, tamén son testemuñas do fume.

Loading...

https://twitter.com/gzcontrainfo/status/1048996350740914176

https://twitter.com/TVGalicia/status/1049004112321372164

A cobertura por parte da TVG foi moi deficiente. A televisión pública non cortou a emisión dos seus programas e só informou do incendio no telexornal da noite.

Os galegos poidderon seguir o acontencido a través das redes sociais e de “laSexta” que si foi informando do acontecido mais non na televisión galega.

O descontento quedou patente nas redes sociais:

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.