O 85% dos 928 inscritos que participaron na consulta de En Marea cre que Quinteiro ten que dimitir

galiza

Paula Quinteiro. En Marea

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceron o seu dereito para participar un total de 928 inscritos, o que implica case o 39 por cento dos integrantes de En Marea. Deles, un total de 790 votaron si á pregunta formulada, mentres que os 138 restantes consideraron que a parlamentaria non tiña que deixar a súa acta parlamentaria. Isto significa que, do total de inscritos que participaron na consulta, o 85,1% votou si e o 14,9 por cento, que non.

Mentres se se ten en conta o total de inscritos de En Marea, o resultado arroxa que case o 33% do censo da formación pide que deixe a súa acta, fronte a dúas de cada tres que opta por non pronunciarse na consulta ou por facelo en contra de que deixe a súa acta. As bases de En Marea tiñan que contestar “si” ou “non” á pregunta: “Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?”.

Loading...

VINCULARON OS SEUS CARGOS

Nas últimas horas, a Coordinadora de En Marea -que lidera Luís Villares e promoveu a consulta- vinculara a súa continuidade ao resultado da consulta, aludindo a que tiñan que sentirse ” concernidos” polo que os inscritos decidan e ser coherentes coa súa postura, en palabras do seu integrante Gonzalo Rodríguez.

Mentres, en días pasados, a afectada, Paula Quinteiro, esgrimiu “indefensión” no proceso previo e asegurou que non acataría a decisión resultante da consulta, pero que si se sometería a un proceso revogatorio interno.

Próximos á deputada impulsaron un manifesto no que chamaban a non participar e que pouco antes da consulta superaba as 600 firmas, aínda que neste caso non fai falta se membro de En Marea para poder sumarse ao documento. Ao peche da votación, superaba os 800 apoios, segundo os datos achegados polos impulsores.

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.