O BNG aplaude a moción de censura que desaloxa ao PP e lembra o peso a nivel de Estado de Euskadi e Catalunya a través da súas forzas políticas propias, en contraposición coa total ausencia de Galiza

galiza

Ana Pontón

O BNG aplaude o éxito da moción de censura presentada polo PSOE porque permite desaloxar do Goberno do Estado a un Partido Popular condenado por corrupción e retirar da Presidencia a un xefe do Executivo que mentiu ante a Xustiza.

“Desde o BNG saúdamos que finalmente saia adiante a moción de censura contra a corrupción do PP”, recalcou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen nesta primeira valoración de urxencia salientou o papel decisivo das forzas nacionalistas e soberanistas. “Parabenizámonos de que estas forzas sexan chave para que esta moción poda triunfar e non siga á fronte das institucións do Estado un partido condenado por corrupción,  que saqueou as arcas públicas e que tiña unha caixa B”.

A dirixente do Bloque tamén chamou a atención sobre o feito de que o debate da moción de censura puxo en evidencia o protagonismo e o peso  a nivel de Estado de Euskadi e Catalunya a través da súas forzas políticas propias, en contraposición coa total ausencia de Galiza.

“Desde a perspectiva galega, esta moción debe facernos reflexionar sobre o papel relevante xogado por Euskadi e Catalunya pero bótase de menos que, neste contexto, Galiza non tivese unha voz propia que aportar a este proceso político e que, ao mesmo tempo, este proceso teña consecuencias desde o punto de vista dos avances que precisa o noso país”, argumentou Pontón.

A portavoz nacional lembrou que para o Bloque o éxito da moción é condición necesaria para a rexeneración democrática, pero non suficiente.

Loading...

“Agora é clave que no novo contexto se poña fin á involución democrática e ao roubo de dereitos, que se abra un espazo político a nivel de Estado que avance no recoñecemento dos pobos, das nacións sen Estado, e avanzar para deixar atrás tanto a corrupción como o declive no que está o réxime do 78”, conclúe.

Loading…

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.