O BNG pide subtítulos en galego en plataformas coma Netflix e o PP négase

galiza

Olalla Rodil,BNG. APN

O BNG reclamou este martes no pleno do Parlamento galego que a Xunta se dirixa a plataformas de contidos audiovisuais como Netflix ou Movistar+ para que haxa subtítulos en galego en películas e series. A pesar de contar co apoio do resto da oposición —En Marea e PSdeG—, o PP xa adiantou o seu rexeitamento a esta proposta, que se votará o mércores, porque se mostra en contra «de encher as arcas de multinacionais americanas».

Loading...

Durante o debate, a deputada Olalla Rodil (BNG) denunciou que o galego é o único idioma do Estado que non conta con subtítulos neste tipo de plataformas, mentres o «Goberno vasco e catalán levan anos desenvolvendo» políticas de apoio neste campo. Así, lamenta que o PPdeG, no canto de apostar por políticas para «gañar espazos de uso» do galego e «promover o exercicio de dereitos lingüísticos», «fai exactamente o contrario», como «é recortar ata a saciedade os orzamentos» para normalizar o uso do idioma propio de Galiza.

En contraposición, a deputada do PP Raquel Arias preguntou aos nacionalistas se prefiren un «apoio económico ás multinacionais» ou un «apoio ao audiovisual galego e a poder ser en galego». Ademais, a popular recriminou o «negativismo absoluto» da oposición cara á situación do galego, á vez que pon en valor que a TVG gasta «sete veces máis» en producións galegas que na compra de produtos estranxeiros.

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.