O BNG promete reclamar no Congreso a volta de 33 pezas “espoliadas” e expostas en centros como o Arqueolóxico de Madrid

Esta demanda, advirte Néstor Rego, non é unha reivindicación exclusiva do Bloque. Ben ao contrario, considera, “partilla un movemento que existe hoxe no mundo” tendente a reverter a “pillaxe artística” en múltiples países. “Nós tamén reclamamos que esas pezas sexan exhibidas no noso país”, sinala lembrando episodios recentes como “a devolución de máis de duascentas pezas de Cataluña a Aragón despois de dúas sentenzas xudiciais”.

No caso da trintena de pezas que o BNG sinala, advirten, nin sequera cumpriría un proceso xudicial, senón unicamente “vontade política”, porque “están nas mans dunha institución do Estado”. Por iso afirma que, tamén para isto, é “fundamental que o BNG teña representación en Madrid”. A súa intención, di, sería seguir o ronsel de iniciativas como as formuladas por Francisco Rodríguez na súa etapa como deputado do BNG no Congreso, onde “conseguira un acordo para que fosen devoltos, cando menos copias dixitalizadas, de fondos documentais de mosteiros galegos que foran espoliadas a partir das desamortizacións”. Eses acordos, láiase, “aínda non foron executados”.

 

 

https://praza.gal/politica/o-bng-promete-reclamar-no-congreso-a-volta-de-33-pezas-espoliadas-e-expostas-en-centros-como-o-arqueoloxico-de-madrid

 

 

praza.gal

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: