O fútbol gaélico dá un paseniño máis en Galiza coa celebración no Condado da IV Copa Gallaecia

galiza

Este sábado 22 de Xuño, durante todo o día, celebrase na comarca do Condado, mais concretamente na parroquia de Vilasobroso, en Mondariz, a IV da copa Gallaecia, organizada pola Liga Gallaecia de fútbol gaélico.

Este ano a organización corre a cargo do Condado Gaélico, unha das equipas que participan nesta liga, que veñen de ser subcampionas na liga regular e que aspiran a gañar o titulo da copa.

Para introducirnos mais no Gaélico contamos coa axuda de Iago Casales, adestrador e xogador do Condado que vai a falarnos un pouco do presente e futuro deste deporte.

Pra comezarmos, cóntanos, que é o fútbol gaélico e como se xoga?

O fútbol gaélico é un deporte de equipo, o máis popular entre os deportes gaélicos en Irlanda e que ten un claro ámbito popular, podemos dicir que éun deporte do pobo e para o pobo. Os xogadores xogan cos clubes dos seus pobos, cidades ou condados, non son profesionais e non cobran por xogar, aínda que si que existen casos de remuneracións a través de contratos publicitarios nalgúns xogadores.

No caso da competición, teñen a curiosidade que todos os condados están representados nunha mesma liga, incluso contan con representación de equipas de Nova York e Londres.

Respecto á forma de xogar, as equipas están representadas por 15 xogadores cada unha, en campos dunhas dimensións de uns 145×90 metros (na liga Gallaecia xogamos en campos de fútbol en partidos de 9 contra 9), con porterias en forma de H, onde se poden anotar 3 puntos tirando a gol ou 1 punto tirando a paus.

A duración dos partidos é de dúas partes de 30 minutos, na liga Gallaecia de 25 minutos. Na Galiza os empates en liga regular suman 1 punto e en competicións con eliminatorias xogaríase a gol de ouro.

Coma nocións básicas do xogo poderiamos falar do seguinte:

  • O balón non se pode coller directamente do chan, hai que erguelo primeiro co pe.

  • O pase coa man ten que ser batendo a pelota.

  • Hai un máximo de 4 pasos, ou 4 segundos, nos que podemos movernos sen botar ou sen facer un “solo”. O solo consiste en bater o balón co pe e voltar inmediatamente a collelo coas mans, movemento que nos permite avanzar. Non podemos botar 2 veces seguidas mais si podemos facer solos de forma consecutiva.

  • O contacto é limitado a cargas laterais ombro contra ombro. A forma de roubar a bola das mans do contrario é golpeando na mesma coa man aberta, non co puño.

 

Existe rivalidade coma noutros deportes? que é o terceiro tempo?

É un deporte moi competitivo Á vez que nobre, toda esa nobreza que observamos en deportes coma o rugby tamén a apreciamos no gaélico, é un deporte de contacto, tenso, dinámico, vertical mais polo xeral moi limpo e humilde.

Temos como particularidade que ao igual que no rugby, celebramos un 3º tempo ó finalizar os xogos, nos que os equipos que disputan as xornadas reúnense, sociabilizan e confraternizan mentres comen e beben nunha pequena xuntanza.

Loading...

Agora fálanos en concreto da Liga Gallaecia, que é o que ten de especial?

A Gallaecia e unha liga de Gaélico Mixto, que comezou no ano 2013. Foi un movemento criado nos centros sociais e asembleas da Galiza que tiñan claro que era necesario crear unha alternativa de deporte mixto e optaron por facelo a través dun deporte emerxente como o Gaélico. É unha liga cun marcado carácter social e político, dos cales estamos orgullosos e sobre os que seguimos traballando para mellorar de cara o futuro. Cunhas bases xa asentadas, somos unha liga autoxestionada, que cree na igualdade de xénero e na defensa do social e cultural, e sobre todo na defensa do noso país.

Coméntanos agora da túa equipa, o Condado, como ves o presente e o futuro?

Logo, o Condado é a equipa que representa precisamente a comarca que recebe o mesmo nome. Xa levamos 5 anos competindo, con algún titulo acadado. Somos unha equipa autoxestionada, non recibimos ningún tipo de subvención e o noso obxectivo é ser un modelo no deportivo e no social na comarca.

Por falar do presente agora mesmo quizabes esteamos atravesando o mellor momento tanto deportivo como social, temos un amplo numero de fichas e unha base de 15-16 xogadores que nos permite mirar cara o futuro se ningún medo. No ámbito social conseguimos involucrar á maioría da xente. Aínda así. tomamos a decisión de que era necesario tomar outro rumbo no plantexamento do equipo e das formas de traballo. No pasado facíamos un equilibro dun 50-50 entre o ámbito deportivo e o social, o cal nun principio atraia a xente pero non conseguiamos que se mantiveran no equipo. Dende o ano pasado cambiamos isto centrándonos mais no deportivo, ofrecendo uns adestramentos de calidade. Ó final isto é un deporte e creemos que a xente ten que engancharse a través disto, o resto, como observamos dende que tomamos estas medidas, chega só e con moito éxito.

De cara ó futuro, temos moitos proxectos e ilusionantes, importante manter o ritmo de traballo para seguer medrando, sobre todo agora cara o social xa que no deportivo estamos cubertos. Aínda así todo o mundo esta invitado a vir adestrar, xogar e colaborar coa equipa.

E como ollas o futuro da liga?

Pois creo que a liga, ten que mudar a forma de traballar, quizais copiando o modelo que nos usamos, aínda que creo que o futuro esta asegurado, con altibaixos pero creo que non debemos temer pola existencia da liga. Traballar no deportivo é básico para despois poder traballar no social. Temos xente moi válida na actual coordinadora e eu dende aquí anímoos a seguer traballando por un proxecto coma este. Son precisos unhas pequenas mudanzas e facer autocrítica mais creo que pode ser todo bastante factíbel e que os cambios pronto serían notados.

E pra rematar, fálanos agora un pouco do Gaelico Internacional e da representación das seleccións Galegas.

O gaélico a nivel internacional esta sufrindo un cambio para ben moi grande a unha velocidade bestial, coa celebración de múltiples eventos e coa aparición de mais equipas e seleccións. Na Galiza somos referencia xa que temos liga propia e cun alto nivel, tendo seleccións punteiras a nivel internacional, sobre todo a feminina que se proclamou campioa de Europa o ano pasado e que e unha das favoritas para o mundial que se vai celebrar este verán en Irlanda.

https://www.ligagallaecia.org/

https://www.facebook.com/ligagallaecia.org/

https://www.facebook.com/pages/category/Community/Condado-ga%C3%A9lico-439446016224841/

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.