O goberno español coa complicidade de Podemos e En Marea da luz verde á suba en 2% das peaxes da AP-9

galiza

O Consello de Ministros español aproba este venres un novo encarecemento das peaxes da AP9, que se aplicará de forma inminente. Os prezos subirán un 1,9%, un ascenso que responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos (circunvalación de Santiago, accesos en Sigüeiro, Vigo, O Morrazo…) e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra. As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC.

As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC e volverán facelo o vindeiro 1 de xaneiro, de novo polo IPC

Esta nova suba do 1,9% suporá, por exemplo, que a viaxe entre A Coruña e Vigo se encarecerá 29 céntimos, chegando xa aos 15,79 euros. Ademais, o vindeiro 1 de xaneiro chegará unha nova suba (que será a terceira en 12 meses), motivada novamente pola actualización do IPC. Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre, máis de 365 mil euros diarios, unha cifra que leva catro anos en ascenso.

A suba responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra

O incremento de prezos estaba xa previsto e dependía unicamente da súa aprobación final por parte do Goberno central e ten a súa orixe no convenio asinado no ano 2011 polo Ministerio de Fomento e Audasa, polo cal o Goberno central compensaba á compañía cun incremento de tarifas do 1% acumulativo durante dúas décadas a cambio dos seus investimentos na mellora da AP9.

O convenio especificaba que a alza de tarifas só se podería aplicar “a partir do 1 de xaneiro do ano siguiente a aquel no que finalicen as obras de ampliación de capacidade”.

Loading...

A finais do pasado ano Audasa acelerou o remate das obras de ampliación da Ponte de Rande para poder así anticipar a suba de prezos ao 1 de xaneiro do presente ano 2018. Con todo, boa parte das actuacións na ponte estaban aínda sen concluír e, de feito, nos meses seguintes continuaron os cortes de de carrís en Rande para poder completar a actuación.

Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre

Por outra banda, en xaneiro Xunta e Ministerio de Fomento chegaron a un acordo para establecer a gratuidade da peaxe entre Vigo e Redondela e, a cambio, compensar a Audasa nas tarifas xerais da AP-9, é dicir, incrementando as peaxes. Esta bonificación é o que explica a outra parte do incremento tarifario.

Audasa continuará ingresando cartos das peaxes galegas ata o ano 2048, 70 anos despois da inauguración do primeiro treito da AP-9. Mentres, oito autoestradas construídas á vez que a AP-9 volverán á xestión pública nos próximos anos, comezando pola AP-1 entre Burgos e Eibar.

A AP-4 entre Sevilla e Cádiz e a AP-7 entre Tarragona e Alacante (ambas o 31 de decembro de 2019) serán as seguintes. En virtude do remate da concesión, a autoestrada Vitoria-Burgos será gratuíta dende o 1 de decembro e, en total, viaxar entre Burgos e Guipúscoa custará 12 euros menos.

http://praza.gal/economia/17743/as-peaxes-da-ap9-subiran-outro-19-de-forma-inminente/

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.