O “lapsus” de Pablo Iglesias esquecendo a Galiza como “nación” revoluciona a En Marea. Críticas a Podemos, a Pablo Iglesias e a IU dende dentro da propia organización

galiza

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cre que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, cometeu “un lapsus” cando non mencionou a Galiza –si o fixo con Euskadi e Cataluña– entre as nacións do Estado durante a súa intervención no debate da moción de censura.

Cuestionado sobre este asunto nunha rolda de prensa este venres, Luís Villares indicou que este “lapsus” cometido por Iglesias foi “emendado” polo portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que interveu como representante da confluencia galega dentro do Grupo Confederal de Unidos Podemos.

Con todo, a non mención de Galiza entre as nacións do Estado xerou certo malestar entre as sensibilidades máis próximas ao nacionalismo galego dentro do espazo de En Marea. Villares restou importancia a esta cuestión e sinalou que “mencionar ou non a Galiza non é unha cuestión de nacionalismo ou non nacionalismo”. “É de proxecto nacional, a nación abárcanos a todos, sexamos nacionalistas ou non”, dixo.

De feito, a deputada no Congreso Alexandra Fernández (membro de Anova) publicou unha mensaxe na súa conta de Twitter durante a tarde noite do xoves na que amosou a súa desconformidade co “discurso dos catro principais partidos españois”( entre os que inclúe a Podemos). “Despois de escoitar o discurso dos catro principais partidos españois queda claro que desta crise do modelo territorial todos están de acordo en eliminar o recoñecemento de Galiza como nación“, publicou Fernández en Twitter.

En relación a este asunto, este xoves, Villares indicou que o “grupo parlamentario” de En Marea no Congreso “ten portavoz propio” que, dado o seu carácter rotatorio, exerce nestes momentos Miguel Anxo Fernán Vello, tamén de Anova.

CRÍTICAS AO PAPEL DOS DEPUTADOS

Entre os cinco representantes cos que conta En Marea nas Cortes figuran dous membros de Podemos –Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino–, dous de Anova –Alexandra Fernández e Fernán Vello– e unha de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

O papel dos deputados da confluencia galega no Congreso foi motivo de críticas de certos sectores do rupturismo que cren que a súa función de representantes do “suxeito político” de Galiza dilúese na estratexia global de Unidos Podemos, froito da unión de Podemos e Esquerda Unida.

Loading...

O histórico dirixente nacionalista e referente de Anova, Xosé Manuel Beiras, alzou a voz hai dous meses para reclamar “lealdade” ao proxecto a aqueles que foron elixidos como representantes de En Marea e cargou contra o propio Pablo Iglesias.

Durante a súa intervención no plenario que En Marea celebrou a mediados de marzo, Beiras asegurou que o líder de Podemos “está a tratar mellor” aos deputados de Compromís que optaron por irse ao grupo mixto que aos representantes de En Marea que “por lealdade” ás “alianzas” para as eleccións de xuño de 2016 decidiron integrarse no grupo confederal de Unidos Podemos ao serlle negada a posibilidade de formar un propio.

De feito, e tal e como xa publicou GC, unha das cuestións que o sector próximo a Villares critica ao sector oficialista de Anova, Podemos-Galicia e EU é que non exista un “proxecto de país”, nin un proxecto político que defina a Galiza coma suxeito político e “personalidade propia no Congreso”, tal e como acontece con Compromís en Valencia ou Catalunya en Comú.

Loading…

europapress.es

galiciaconfidencial.com

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.