Cargando...

O PP coa axuda do PSOE rexeita no Parlamento Galego a proposta de rebaixar nun 30% as peaxes da AP-9

O Parlamento de Galicia, cos votos contrarios dos deputados do PPdeG e a abstención do PSdeG, tombou unha proposta presentada polo BNG para instar o Goberno a rebaixar as peaxes na AP-9 e AP-53 un 30 por cento e facelas gratuítas en horario nocturno.

Durante o debate celebrado este mércores no pleno da Cámara galega, os nacionalistas rexeitaron unha emenda de substitución presentada polo Grupo Popular que propuña instar o Goberno central a que emprenda medidas para “suavizar as subidas das peaxes” na AP-9 e a que inicie conversacións coa empresa concesionaria, Audasa, de face a “flexibilizar” as tarifas da Autoestrada do Atlántico.

O parlamentario do BNG Luís Bará afirmou que a rebaixa do 30 por cento nas tarifas e a gratuidade durante o horario nocturno nas autoestradas AP-9 e AP-53 suporía “un paso adiante no camiño cara á supresión das peaxes abusivas”. Ademais, lamentou que o posible adianto electoral suporía, co fin da lexislatura, que a transferencia da AP-9 para titularidade autonómica quede “en dique seco”.

Pola súa banda, o deputado popular Martín Fernández Prado censurou que os grupos da oposición acusan o Goberno de non expor solucións ao que tachan de “estafa da AP-9”, e lembroulles que, horas antes, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a presentación dunha emenda no Congreso á lei de transferencia da titularidade da AP-9 que contemple un desconto nas peaxes do 25% para viaxes de ida e volta no mesmo día.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/85933-pp-tomba-proposta-bng-rebaixar-peaxes-ap-9-30-cento

Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: