O PP defende o veto ás camisolas contra o “decoro” no Parlamento para poder “debater sen presións”

O primeiro pleno do período de sesións do Parlamento comezou este martes coa promesa do cargo de deputado por parte de Xan Xove, novo membro do grupo Común da Esquerda en substitución de Flora Miranda, que renunciou ao cargo o pasado verán tras a ruptura do antigo grupo de En Marea.

Xove, traballador social de formación, é traballador de Correos e integrante de diversas bandas musicais e tamén membro activo da Marea Atlántica. Acudiu ao Pazo do Hórreo acompañado polo ex-alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e membros do propio grupo. O seu obxectivo, afirmou, é contribuír dende o lexislativo a que “acabe a infame época de Feijóo” e facelo “con toda a ilusión” de “achegar un gran de area” a “acadar o novo modelo que necesita urxentisimamente o noso país”.

Loading...

O novo parlamentario optou por prometer o cargo “por imperativo legal” e tentou “acatar o Estatuto e a Constitución mentres non sexan estes textos reformados e derrogados, afondando nos seus principios de xustiza social, igualdade e loita por un medio ambiente sustentábel, tal é o desexo da maioría social que me trouxo a este escano”. No entanto, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, interrompeu a súa intervención e deu inicio ao pleno ao considerar que a promesa do cargo xa fora “feita”.

Tras a incorporación de Xove a seguinte principal novidade parlamentaria do novo curso político chega este mércores na sesión de control, a primeira na que intervirá o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que tomou posesión da súa acta no remate do anterior período de sesións. O líder socialista cuestionará a Alberto Núñez Feijóo “sobre o plan de acción do Goberno galego para o que queda de lexislatura”.

 

 

https://praza.gal/politica/o-pp-defende-o-veto-as-camisolas-contra-o-decoro-no-parlamento-para-poder-debater-sen-presions

 

 

praza.gal

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: