O recibo da luz subirá uns 16 euros para os galegos. Galiza xa será con moita diferenza, a comunidade que máis pagará a pesares de ser a segunda que máis enerxía exporta

galiza

A inminente suba da luz en Galiza para compensar as principais compañías eléctricas por pagaren impostos adicionais no ano 2013 xa ten cifras, e as galegas son as máis avultadas do Estado. O incremento roldará os 16 euros durante un ano, segundo calcula o novo Ministerio para a Transición Ecolóxica, obrigado polo Tribunal Supremo a culminar un incremento no recibo eléctrico que ten a súa orixe en varias decisións do Goberno de Rajoy recorridas polos xigantes do sector ante os tribunais.

Como veu informando Praza.gal, un dos primeiros paquetes de recortes aplicados polo Executivo central do PP en 2012 para “garantir a estabilidade orzamentaria e o fomento da competitividade” converteu en en “obrigatorios” os “suplementos territoriais” no recibo da luz. Isto é, un recargo adicional naquelas comunidades autónomas que aplicasen impostos propios ao abeiro da lei do sector eléctrico do ano 2007. No caso galego estes tributos son o canon de saneamento, o imposto sobre contaminación atmosférica, o imposto sobre o dano medioambiental dos encoros e, sobre todo, o canon eólico creado pola Xunta tras a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao poder.

O Goberno de Rajoy mantivo como obrigatorios estes “suplementos territoriais” durante o ano 2013, pero nunca foron cobrados; as eléctricas acudiron aos tribunais e o Supremo deulles a razón

Esta obrigatoriedade foi eliminada apenas un ano despois na nova lei do sector eléctrico e ademais, en 2015, o Tribunal Constitucional considerouna contraria á Carta Magna española. No entanto, o precepto estivera en vigor durante o ano 2013, pero o Goberno central non aplicou nese ano a compensación ás eléctricas polos impostos autonómicos. Varias delas, encabezadas por Gas Natural Fenosa, acudiron á Xustiza e o Tribunal Supremo deulles a razón en 2014. O pasado abril o alto tribunal emitiu un novo auto instando o antigo Ministerio de Enerxía a aplicar xa a suba, á que a Xunta se negara en diversas declaracións políticas.

Dado que, segundo advertiu o Supremo, os responsables do Ministerio poderían ter que asumir consecuencias legais en primeira persoa, o departamento agora dirixido por Teresa Ribera iniciou xa o trámite da orde para “executar integramente as sentenzas”. O documento, en trámite de información pública ata finais de agosto, detalla que os gobernos autonómicos xa coñecen o “impacto económico” que esta situación terá “na factura dos consumidores” e que, no caso da Xunta, a Consellería responsable “achegou información” sobre o cobrado polos devanditos impostos.

A suba galega é a máis avultada do Estado

Con esta información sobre a mesa o Ministerio conclúe que o recadado pola Xunta cos impostos ás eléctricas noa no 2013 ascendeu a 34,7 millóns de euros, aos que cómpre engadir 2,97 millóns máis en concepto de xuros polo atraso en compensalas. Resultan así 37,7 millóns de euros, o maior importe do Estado, só semellante ao de Castilla y León, que quedou en 31,2 millóns. Unha vez aplicados todos os criterios que marca a normativa o Ministerio calcula que nunha “factura media anual dun consumidor doméstico”, na contorna dos 600 euros, o recargo ascenderá a 15,75 euros para a poboación galega, uns 1,32 euros ao mes.

Neste contexto, o Ministerio admite que a vaga expansiva destas sentenzas xudiciais será diferente en función do punto do Estado que se trate e que, daquela, “os consumidores terán que soportar distinto custo na súa factura en función da comunidade autónoma na que se atopen”. Así e todo, matiza, “o impacto será moi reducido” porque está “acoutado no tempo”, xa que “a medida só afectou ao ano 2013”. As forzas da oposición galega viñeran advertindo de que este incremento se ía producir, mentres que a Xunta se limitou durante meses a reiterar que non compartía a medida e que por iso a recorría.

Loading...

A portavoz de Industria e enerxía do BNG, Noa Presas afirmou hoxe que Galiza, unha vez máis, resulta discriminada pola política enerxética “imposta desde o Estado e polos anteriores gobernos do Partido popular”. Neste sentido, denunciou que “grazas a inacción do goberno de Núñez Feixóo, os galegos e galegas pagaremos a factura da luz máis cara do Estado.”

Para a deputada, que Galiza sexa obrigada a pagar 38 M€, 20 euros na  factura da luz, demostra  que o goberno de Núñez Feijóo “non fixo os deberes a tempo e mentiu cando negou que Galiza non pagaría”, agora constatamos, dixo, Noa Presas, que o “borrador de Orde do Goberno central para executar as sentenzas encarecerá a nosa factura”.

En opinión da deputada do BNG, o borrador da Orde en materia de tributación,  “atenta contra as competencias galegas”, representa “un novo roubo para seguir engordando o negocio do oligopolio eléctrico” e  vulnera “o autogoberno galego”.

Con esta orde “Galiza é que máis perde en todo o Estado”. Somos menos do 6% da poboación do Estado e imos pagar máis que Madrid que triplica esta porcentaxe. “Galiza pagará 38M€ e Madrid, 2,5 M€” volveu a recalcar a parlamentaria nacionalista para quen aínda hai marxe para negociar se o Partido popular ten vontade política e abandona a postura de votar sistematicamente en contra das iniciativas presentadas polo BNG para abaratar o recibo da luz en Galiza.

O BNG PIDE UNHA NEGOCIACIÓN BILATERAL

En Galiza exportamos o 35% de electricidade  e resulta  “un atraco a mano armada” a suba da factura aos consumidores e consumidoras galegas. Presas anunciou que o BNG rexistrará no Parlamento galego diversas iniciativas para que “Feixóo asuma a súa responsabilidade e estude todas as vías de negociación bilateral co Estado” sobre o borrador de orde e esixir  ao Estado que “asuma o custo que lle pretende imputar a todos os galegos e galegas”.

Finalmente, a portavoz de industria e enerxía do BNG negou que no Estado exista “unha tarifa única” e volveu  reivindicar “unha tarifa eléctrica galega” que beneficie á empresas e persoas consumidoras porque Galiza, dixo,  non se beneficia de ser produtora, ao contrario, “vai pagar a factura máis cara do Estado español”, concluíu. 

Loading…

David Lombao

http://praza.gal/economia/17246/o-recibo-da-luz-subira-uns-16-euros-en-galicia-para-compensar-as-electricas-por-pagar-impostos/

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.