Os colegas das redes sociais

Diana budiño

“Eu os amigos de verdade non os teño nas redes sociais, e non son moitos”… Así foi a resposta dunha persoa que utiliza moi habitualmente todo tipo de espazo virtual.

Deume que cavilar o tema…porque a verdade que eu si teño feito algún amigo a través de ditas redes, ó mesmo non me dan os dedos dunha man para contalos, pero cheguei a conclusión que tamén se sinte algún tipo de “feeling” con determinada xente, inda que sexa deste xeito, pero claro, o tema é onde acaba a fachada internauta e comeza a realidade, onde freamos a tempo, ou a quen lle podemos abrir o corazón nalgún intre de desesperación non esperada.

Pasoume un caso…unha rapaza comezou a escribirme, a súa “presunta” vida fíxome sentir unha especie de compaixón ou algo semellante, e bueno, fixemos algo de trato, intercambiamos os teléfonos pero este sexto sentido meu deume un click na neurona viva que me queda, e decidín afondar un pouco máis; é dicir, cando lle preguntei como organizaba todo o percal e todos os problemas que tiña, notei nervios de máis nas súas respostas e cortei de canto, pum, fóra!

Recoñezo que teñen o seu punto, eu mesma paso tempos libres observando fotos, lendo, escribindo…pero a cuestión é onde está, ou onde debemos por o límite.

Loading...

Outra anécdota foi cun rapaz que me mandou unha mensaxe dicíndome (moi educadamente iso si), que vendía lencería china, waouuuu. Tamén me ofreceron préstamos varios, plans de adelgazamento, etc, etc…Téñome rido soa porque a verdade que é incrible a imaxe que podemos reflectir noutra persoa, distorsionada moitas veces da realidade. Eu, cheguei a un punto, que mostro o que son, non aparento, se me chegas eiquí dentro, vasme ter ó teu carón, do xeito que sexa. Se vexo fenómenos paranormais bloqueo e vía.

A parte boa é unha aperta a tempo de alguén con quen levas tempo “charlando”…sen desfasarse o tema claro, porque tamén a outra parte ten todo o dereito a pensar o que lle veña en gana de ti, vaia, a vida mesma.

Supoño que a clave como todo nos días que veñen e van, é o punto medio…nin negro nin blanco, gris…Bueno, eu quédome co azul, ou co verde esperanza. Sen extremos, que xa cansan un pouco os -ismos varios, Feminismo, Machismo, Franquismo, Populismo, Podemitas, ai non carallo este non!…Istoooo, que poidamos navegar a gusto neste novo mundo que agora xa forma parte de nós, que teñamos os ollos ben abertos porque a tolaría tamén existe por eiquí.

Eu penso seguir voando coas miñas verbas mentras me deixen; e sigo esperando algún bico, ou algún café que me “deben” por culpa de megas cheos de risas.

Diana Budiño

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Suscríbete al blog por correo electrónico

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este blog y recibir notificaciones de nuevas entradas.

Únete a otros 13.139 suscriptores

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.