Outro fracaso nas negociacións de PSOE e Unidas Podemos achega aínda máis as novas eleccións xerais

Os inquéritos levan semanas sinalando que, no caso de que o 10 de novembro se celebren novas eleccións xerais por non existir acordo para formar goberno antes do 23 de setembro, as variacións a respecto do 28 de abril serían esencialmente dúas. Por unha banda, o maior beneficiado relativo sería o PP, como grupo que máis medra tras o esfarelamento do 28A. Por outra, o PSOE gañaría un chisco de representación, pero non a suficiente como para dar gobernado sen pactos. Todo salferido por un incremento da abstención.

PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernar

Loading...

Este é o pano de fondo co que este martes se celebrou no Congreso a segunda xuntanza dos equipos negociadores de PSOE e Unidas Podemos tras a investidura fracasada de Pedro Sánchez en xuño. Cando menos aparentemente o que ambas forzas tiñan sobre a mesa era buscar un pacto que permita investir a Pedro Sánchez antes do día 23 e así evitar a repetición electoral. Pero acabaron sen acordo.

Así  o explicou o secretario de Acción de Goberno de Podemos, Pablo Echenique, tras a cita, que durou catro horas. Tras el, confirmouno a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra. “A conclusión é que o PSOE non se move da súa formulación de formar un goberno de partido único”, dixo Echenique. O dirixente de Podemos sinalou que as dirixentes socialistas advertiron de que, no caso de non aceptar este marco previo, “non debe volver haber reunións entre os equipos negociadores”. 

 

 

https://praza.gal/politica/outro-fracaso-nas-negociacions-de-psoe-e-unidas-podemos-achega-ainda-mais-as-novas-eleccions-xerais

 

 

praza.gal

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: