Piden á Xunta a solicitar, de maneira formal ao Goberno español, a convocatoria dun referendo vinculante sobre o porvir da tauromaquia en Galiza

galiza

A Asociación Animalista Libera, a Fundación Franz Weber e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas retaron  á Xunta a solicitar, de maneira formal, a convocatoria dun referendo vinculante sobre o porvir da tauromaquia na comunidade ao goberno central.

Os colectivos animalistas e abolicionistas subliñan que, mentres xa recolleron decenas de miles de firmas reclamando o fin destas prácticas crueis cos animais, novamente ‘ excepcionadas’ na Lei de Benestar Animal que entrou en vigor o pasado mes de Xaneiro, o executivo galego segue facilitando a súa realización en lugares como Valga, Moraña ou Pontevedra, e nos últimos días con fortes rumores sobre o seu retorno a Sarria despois de catro anos.

Os datos son moi claros. Segundo a última enquisa do Ministerio de Cultura (2014-2015) tan só o 0,3% da poboación de Galiza declarou asistir a algún festexo taurino, fronte a unha inmensa maioría que non o fixo, superada esta actividade polo resto de cuestións expostas no estudo estatal.

Loading...

Neste sentido as organizacións sinalan que, mentres se demandou que os municipios poidan ostentar competencias para autorizar ou non corridas ou novilladas, o Partido Popular ‘furta’ de forma interesada esta competencia pero traslada a responsabilidade de que sexan os Concellos quen vixíe a prohibición de acceso de menores de 12 anos a estas prazas, fixas e portátiles.

FFW, LIBERA! e Galicia, Mellor Sen Touradas expoñen ademais a consulta cidadá como un exercicio reclamado polas máis de 121.000 rúbricas que asinaron para acabar coas últimas corridas que se realizan no territorio galego, como a feira taurina de Pontevedra, cuxo formato reducido demostra o escaso interese social pola pervivencia da tauromaquia.

Desde 2012 sucedéronse diversas consultas no estado español para decidir a nivel municipal o uso de fondos públicos en espectáculos de carácter tauromáquico, como o caso de Aldaia e Xátiva, na Comunidade Valenciana, ou Zizur Maior, en Nafarroa. Outras consultas, como a exposta en San Sebastián, foron vetadas polo goberno central, ou como o rexeitamento do PSOE en Xixón e Alacante impediu unha convocatoria local.

¿Quieres enviarnos tus articulos o notas de prensa en castellano?

Gostarías de enviarnos os teus artigos ou notas de prensa en galego?

MÁNDANOS UN CORREO A: diario6@diario6.com

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.