Polo menos catro mortos e 12 feridos nunha explosión de material de pirotecnia en Tui

GALIZA

(Sxenick / EFE)

Esta cuarta feira(mércores) rexistrouse unha forte explosión de material de pirotecnia que, produciu cuantiosos danos a varios quilómetros á redonda, debido á gran magnitude da onda expansiva.

Aínda que se trata de datos provisionais, a cifra de falecidos elévase a catro persoas, unha delas unha muller de orixe magrebí, segundo puido saber ABC. Parece contrastado que foi unha «polvoreira de fogos artificiais» que estaba gardado neste almacén, moi próximo a varias vivendas, o que desencadeou a traxedia.

O Goberno galego, pola súa banda, confirma que hai 28 feridos, algúns deles trasladados aos hospitais de Vigo, mentres «os bombeiros continúan coa comprobación casa por casa». Toda a contorna está destruído e as testemuñas descríbeno como un auténtico «escenario de guerra».

O radio de acción da onda expansiva, pola súa banda, foi duns 4 quilómetros e a zona de destrución alcanza o medio quilómetro. Atendendo ao testemuño dos axentes desprazados ao lugar, «nesta área non queda ningunha estrutura de pé». Ao lugar, unha pequena aldea que quedou totalmente esnaquizada, foron mobilizadas tres dotacións do consorcio provincial de bombeiros desde O Porriño, desde a zona do Morrazo e Ribadumia, ademais de efectivos de Ponteareas. Tamén se informou a Urxencias Médicas, que desprazou ao lugar seis ambulancias e dous helicópteros medicalizados, o ‘ H3’ e o ‘ H4’.

Loading...

A gran columna de fume é visíbel en toda a comarca do Baixo Miño e o estrondo sentiuse ata na localidade de Cangas. Segundo o testemuño dos veciños que presenciaron a explosión, os cristais de numerosas vivendas rebentaron debido á forte deflagración. Unha veciña do almacén indicou que a explosión a sorprendeu na cociña cos seus fillos e que a forza foi tal que «o fume o cubriu todo e a miña filla saíu co pelo e as costas ardendo». A menor está a ser atendida no hospital máis próximo. Tamén indicou que outra das súas veciñas foi atendida na hospital xunto ao seu fillo pequeno por feridas de cortes

A Xunta activou todos os protocolos e o nivel uno do Plan Territorial de Emerxencias ( Platerga) e foron mobilizados medios das forzas e corpos de seguridade, sanitarios (incluídos dous helicópteros) e dos equipos de emerxencias.

Necesitamos tu ayuda

La falta de libertad de prensa es un grave problema de nuestra sociedad. Ayuda a la prensa independiente, aquella sin ataduras a las multinacionales y a las subvenciones del partido gobernante. Haz posible la independencia del periodismo. Por una información veraz, una democracia más justa.

Seguir en Facebook !

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.