Cargando...

Santiago Abascal increpado e insultado en Baiona, Galiza

O líder de Vox, Santiago Abascal, de vacacións coa súa muller, a ” influencer” Lida Bedman, e os seus fillos en Galiza -estivo en Sanxenxo a semana pasada- dende hai uns días, achegouse onte xunto a uns amigos para visitar Baiona, onde ademais de tomar un aperitivo nunha céntrica terraza, foi requirido para algúns selfis principalmente por turistas cos que se topou no seu paseo polo centro histórico da real vila.

Máis tarde foi visto á saída dun restaurante situado na contorna do mosteiro de Santa María de Oia. Segundo algunhas testemuñas, un vehículo con cristais tintados achegouse a recollelo até a porta do establecemento, o que espertou a curiosidade das numerosas persoas que se atopaban nas inmediacións gozando da posta de sol.

Inevitábelmente, Abascal foi recoñecido. Unha muller comezou entón a increpalo a berros e moitos dos alí congregados secundaron o seu rexeitamento cara o líder de Vox, que abandonou o lugar entre apupos.

Non é a primeira vez que Abascal déixase ver durante a súa estadía en Galiza, xa que o domingo púidoselle ver xunto á súa muller e os seus fillos no paseo de Silgar de Sanxenxo.

Do seu periplo vacacional, dan boa conta as imaxes que tanto Abascal como a súa muller, Lida Bedman, publican en Instagram. Nunha delas pode verse ao líder de Vox cos seus catro fillos de costas nunha praia fronte ao que se intúe como o cabo de Fisterra.

Etiquetas

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: