Suspendido o ex-fiscal xefe de Ourense por atrancar unha denuncia contra un ex-alcalde do PP na cidade

Florentino Delgado é suspendido dez meses do seu cargo e multado con 2.500 euros; o fiscal superior de Galicia é apercibido por falta de dilixencia na atención das denuncias dos avogados da ex-edil socialista

Diante do que consideraba evidentes atrancos da Fiscalía de Ourense no coñecido como caso do 10%, a avogada da ex-concelleira socialista reclamou formalmente ante a Fiscalía Superior de Galicia. Pouco despois, o Fiscal Xefe citou a avogada como testemuña, un proceder que a letrada considerou “insólito”, que a puña ás portas de ser detida e fronte a unha ameaza de accións penais e que supuña, ao seu xuízo, un “abuso de poder” que agora ratifica a Fiscalía do Estado, á que se viron abocados a acudir.

Así, a máxima responsable do Ministerio Público do Estado impón a Delgado os devanditos dez meses de suspensión do cargo, cinco por cada falta moi grave, e 2.500 euros de multa polas graves, sempre segundo as fontes da Fiscalía consultadas por este diario. Aínda ten, non obstante, a posibilidade de recorrer.

Mentres, o actual fiscal superior galego é apercibido por “desatención”. A razón é que encomendou ao propio Florentino Delgado investigar as queixas dos avogados de Áurea Soto pola obstrución do caso que estes atribuían ao propio fiscal xefe; a Fiscalía do Estado cre que Suanzes non actuou coa dilixencia debida ao ignorar que os letrados estaban a denunciar ao mesmo Delgado e non a outro representante do Ministerio Público.

 

 

https://praza.gal/politica/suspendido-o-ex-fiscal-xefe-de-ourense-por-atrancar-unha-denuncia-contra-un-ex-alcalde-do-pp-na-cidade

 

 

praza.gal

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: