Unha ex-deputada do PP pide o voto para a candidata do BNG, Ana Miranda: “Grazas a ela as vítimas do Alvia sentímonos acompañadas”

galiza

Teresa Gómez-Limón, ex-deputada do PP na Asemblea de Madrid e vítima do accidente do Alvia, pide nun vídeo que se vote á candidatura da nacionalista galega Ana Miranda, do BNG, que se integra en Agora Repúblicas, xunto a ERC e Bildu, para optar a un escano no Parlamento Europeo. “Non son do BNG, nin tampouco son galega, aínda que amo esta terra”

Quería dicirvos simplemente que grazas a Ana Miranda as vítimas sentímonos acompañadas porque, a diferenza doutros políticos, é unha política responsable, unha política á que hai que votar. Ademais son unha republicana convencida, por iso quero que votedes, paréceme o xusto, a Agora Repúblicas».

Ana Miranda, incluso antes de exercer a súa quenda oficial como eurodeputada, tivo un papel crave á hora de servir de intermediaria entre as vítimas do accidente ferroviario de Santiago e a Comisión Europea, o que propiciou un duro informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre a falta de independencia da investigación oficial do accidente, realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF).

Loading...

 Teresa Gómez-Limón dimitiu como deputada do PP na Asemblea de Madrid pola «falta de transparencia» nese partido e polas presións que recibiu pola súa postura crítica con este partido no que respecta ao accidente do Alvia.

Ayúdanos a no cerrar!

Colabora con la información independiente, ayúdanos a seguir escribiendo. Unos medios de comunicación libres e independientes ayudan a la creación de una sociedad más justa y democrática.

Suscríbete al blog por correo electrónico

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este blog y recibir notificaciones de nuevas entradas.

Únete a otros 13.139 suscriptores

Sé el primero en comentar !

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.