Unha fin de semana das completiñas

Obradoiro creativo

San Sadurniño

Casa do Concello

29-30.11.2019

A Colectiva ofrece en San Sadurniño o seu primeiro obradoiro creativo do proxecto Arte Ambulante co afán de achegar a arte contemporánea a espazos máis periféricos. O primeiro dos obradoiros, dirixido por Héctor Francesch e titulado “San Sadurniño On fire!”, tratará as técnicas do collage na sexta feira á tarde e o sábado pola mañá na Casa da Xuventude.

(T)alento

A Coruña

AC Alexandre Bóveda

30.11.2019

11 horas

A AC Alexandre Bóveda organiza para o sábado, 30 de novembro, no seu local, a I edición de Pílulas de (T)alento. Trátase de nove propostas, nove persoas singulares para nun tempo curto (13 min!) contar unha experiencia, un saber, un desexo… Participan Manel Cráneo, Lucía Aldao, Alba Rodríguez Carrera, Martin Pawley, Garchu de Ezetaerre, Marcos Nine, Afra Torrado e Isabel Risco.

[email protected]

Compostela

Teatro Principal

29.11.2019

Gala de entrega dos III Premios [email protected], un certame para a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego.

Pondaliana

Compostela

Museo do Pobo Galego

29.11.2019

20 horas

Concerto mais presentación do disco Pondaliana, un proxecto que musicaliza poemas deste autor para todos os públicos.

Campoamor en galego

Compostela

Lila de Lilith

29.11.2019

19.30 horas

Preséntase Meu pecado mortal, o voto feminino mais eu, de Clara Campoamor, unha tradición de M. Reimóndez, con Celia Pereira Porto, Goretti Sanmartín e Malores Villanueva.

Paseo Literario

Vigo

Paseo Afonso II

30.11.2019

11 horas

Paseo literario polo Vigo da arte “Irmandades da Fala”, guiado polo investigador e activista cultural Xurxo Martínez González. Previa inscrición.

V Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’

A Baña

Local Social Sanamede de Monte

30.11.2019

10 horas

Diferentes persoas especialistas debullarán temas como o despoboamento, abandono, xestión das terras, falta de alternativas produtivas ou a problemática da enerxía eólica.

Roteiro

Outeiro de Rei

Casa-Museo Manuel María

1.12.2019

10 horas

Unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María, 6 km de dificultade baixa, guiada por Orlando Viveiro, estudoso e divulgador.

Galidoc

Carballo

Casino 1889

7.12.2019

Cuarta e última sesión deste ciclo de documentais galegos, coa proxección de “Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo” de Xurxo Souto.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/fin-semana-das-completinos/20191128093046087493.html

sermosgaliza.gal

Etiquetas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
Cerrar
A %d blogueros les gusta esto: