Vítimas do paro, cando es unha molestia laboral

A Asociación Víctimas del Paro naceu en 2013, un dos anos co maior número de desempregados en todo o Estado, seis millóns de persoas sen traballo e delas, tres millóns non tiñan prestación de ningún tipo. Con esas cifras e as que daban as estatísticas sobre sucidio entre desempregados e desempregadas de 10 persoas por día, un grupo de persoas quixeron aportar solucións cun panorama laboral e persoal en contra.

Os obxectivos marcados por este colectivo é facer presión para ter unha renda mínima, mesmo co condicionante de buscar un traballo, contactar coas forzas políticas no Estado e en Europa para dar solucións ao problema do desemprego e crear redes solidarias entre desempregados e desempregadas dentro da UE.

O COLECTIVO EN GALICIA

En Galicia non se coñece o número total de persoas involucradas nesta organización, mais si se poden coñecer casos de persoas que agora mesmo están buscando vías de solución á situación de desemprego en que viven. Cada caso é diferente, coas súas particularidades e vivencias persoais, con todo, a sensación de abandono, desentendemento por parte de autoridades públicas, trabas e problemas burocráticos e administrativos, así como a “sospeita de que non se quere facer nada desde a política”, son algúns puntos que sinalan desde este colectivo como parte do día a día que viven.

Vicente Vázquez, desde Galicia, sinala que “naceu en Andalucía por ter un dos índices de desemprego máis altos do Estado, esta asociación non permite, polos seus estatutos, ningunha subvención para ter sempre a súa independencia”. A marxe de manobra, como di Vázquez, só se cingue a redes sociais polo momento, “é posible que esteamos agora mesmo en 25.000 asociados en toda España”.

“Reunímonos con responsables de políticas de emprego de sindicatos e partidos políticos, desta maneira queremos contribuír para dar a coñecer a situación do noso colectivo” di Vázquez. No caso de Galicia “xuntámonos sobre todo os que denominamos colectivos seniors de parados, maiores de 45 anos, mais a Asociación leva todo tipo de colectivos”. Como apunta o mesmo Vicente Vázquez, de maneira individual descubriuse que non se podía facer moita cousa, mais como colectivo si se poderían ter máis resultados.

As reunións con sindicatos parecen estar indo por bo camiño, mentes que cos partidos, “desde o PP non tivemos resposta, no Parlamento de Galicia recibíronnos todos agás o PP”. Estas reunións son parte dunha marcha que están desenvolvendo desde a asociación en Galicia, para presentaren proxectos empresariais que poden ser unha oportunidade de crear emprego. “O que dixeron foi de sermos activos e presentar propostas”. A proposta deste colectivo en Galicia, baseada nunha idea nacida en Castilla y León, é a “de crearmos a figura de axentes de bioeconomía, desenvolver este sector en Galicia.

Vicente Vázquez é rotundo “creo que hai un lobby detrás das autoridades do PP que non queren que se desenvolvan ideas como a nosa”.  Enviaron documentación á Presidencia do Goberno “que nos deron unha folla de ruta para sacarmos adiante a nosa idea”. Logo enviaron a proposta á Deputación de Pontevedra “e aínda non nos recibiron, o Goberno central contestou dúas veces e con toda celeridade e logo desde a Deputación non dixeron nada”. Galicia Confidencial púxose en contacto coa Deputación, aínda non se recibiu resposta. “Se Feijóo non nos oe, iremos á UE a ver se así nos atende”.

Loading...

XUBILADOS SEN ESTAREN XUBILADOS

“Os seniors, os maiores de 45 anos estamos descatalogados, aínda que teño un CV moi bo, con cartas de referencia, chámanme para unha entrevista, mais non concretan nada” di Vicente. “Logo en Galicia hai unha grandísima endogamia, é dicir, se non estás dentro dos círculos internos, non che chega a información sobre emprego”.

“O  mercado é precario, con salarios moi baixos e a experiencia dos maiores de 45 non serve” di Vicente, que indica “as compañías só queren presoal moi barato e moi nova, e que os requerimentos en calidade no sector baixou moito”. O problema é moi simple “se a economía non se move, non se crea emprego e en Galicia a economía non se move”.

“Cando chegas a unha idade, no meu caso 58, estás sen taballo, estás no limbo, non te contratan, parece que non lles gusta contratar xente maior de 50”, di Francisco, do Grove. “Non cobras, non te contratan, somos xubilados sen estaren xubilados e non che dan a oportunidade para montar a túa empresa”. “O sistema en España ten moitos fallos, porque para calquera iniciativa saída das autoridades públicas, non teñen en conta a realidade persoal de cada quen”.

Todas as subvencións, os créditos ou as liñas de axudas son aproveitadas polas grandes empresas” di Francisco. “Hai que diferenciar dando máis aos que comezan ou pequenas empresas”. Este desempregado tamén está implicado no proxecto de Bioeconomía, “encarados a seren modelo de traballo”.

“No meu caso estiven quince meses sen ningún tipo de prestación logo de vinte anos cotizados, e grazas á Asociación que se moveu para que restaurasen a axuda a desempregados maiores de 58 anos que implantara o PSOE e logo suprimira o goberno de Rajoy” di Vicente.

A situación de desemprego afecta “mesmo á túa saúde, porque teño que facer unha operación dentaria e teño que esperar meses para ter o diñeiro, tiña que cambiar as gafas e aínda non podo facelo” Vicente. “A persoa que quere facer probas médicas na sanidade pública, esperas un ano e medio, dous anos e se tes cartos vas polo privado”.

José non cobra ningunha prestación porque “non cumpro requisitos, non estou casado, non teño menores ao menores ao meu cargo”. “Eu por exemplo, non podo acceder á formación que se fai desde o Servizo de Colocación ou do SEPE, porque xa son formador, e cando sae a posibilidade de traballar como formador, o salario non compensa, 800 euros vanse rapidamente, polo menos 600 en combustible”.

O caso de José, o seu día a día, é o de coidar dunha nai maior, “buscar traballos onde ofrecen contratos mercantil, para iso tes que ser autónomo, e logo din que hai axudas mais as axudas non chas dan se non tes diñeiro e así non podes comezar”. “Fun comercial, mais agora se quero traballar dentro dese sector, tes que facerte autónomo e ir a comisión pura e dura”.

“Antes dos 30 es moi novo para contratarte e logo dos 45 es moi maior, non me estraña que a xente queira ser funcionario” di José. “A partir dunha idade es un bulto que molesta, unha molestia laboral”. “Agora fago algo relacionado coa teleformación, é un diñeiro que chega, apenas hai gastos, e vou tirando”. “Mais o duro é saber que hai persoas con 50 anos que ao mellor contizaron trinta anos e por quedar sen traballo ata a idade de xubilación, cobrarán unha pensión de miseria”

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/103115-vitimas-paro-molestia-laboral

galiciaconfidencial.com

Publicaciones relacionadas

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Botón volver arriba
A %d blogueros les gusta esto: